Contacto entre linguas nun mundo plurilingüe

Nas últimas semanas introducimos os primeiros conceptos sociolingüísticos nas aulas de 4º da ESO. Comezamos por dar conta do panorama lingüístico mundial, europeo e ibérico dende a perspectiva do plurilingüismo, para achegármonos logo ás situacións de contacto entre linguas. Abordamos, de xeito sintético, as seguintes cuestións:

  • O plurilingüismo no mundo.
  • A Europa das linguas.
  • Tipoloxía das linguas segundo o número de falantes, situacións de contacto entre linguas e recoñecemento legal dos idiomas.
  • As linguas peninsulares.
  • O galego: dominio lingüístico e marco legal.

Apoiámonos nun traballo propio que xa ten un tempo e cumpriría actualizar, mais temos acceso a outros materiais, como as presentacións Diversidade lingüística e Sociolingüística 4º ESO, elaboradas polo Equipo de Normalización do IES de Viós en Calameo, e Plurilingüismo, elaborada por Sofía Rama en Slideshare. Ademais, podemos acompañar estas achegas teóricas con actividades interactivas como Os camiños das linguas ou como facer unha rota do plurilinguismo, EDILIM deseñado por Luciano Fernández, e Linguas e máis linguas, unha caza do tesouro albergada na páxina de contidos da Consellaría de Educación.

Tamén de grande utilidade é a reportaxe In languages we live. Voices of the world, en galego Na lingua vivimos, un interesante documental de autoría danesa e inglesa facturado polo Canal de Historia que trata a diversidade lingüística e cultural mundial dende a perspectiva da problemática actual de moitas linguas minoritarias en camiño de extinción. Pódese ver dobrado ao español como Sobre el origen de las lenguas.

Vodpod videos no longer available.

O seguinte documento recolle os cadros que empregamos na aula para visualizar as linguas de Europa e na Unión Europea e responder algunhas sinxelas preguntas de síntese sobre as familias lingüísticas europeas e a existencia de estados monolingües e plurilingües no continente:

Por último, o visionado do vídeo “Principais fenómenos das linguas en contacto”, da autoría de Luciano Fernández, é un excelente recurso para introducir os conceptos básicos que hai que manexar para coñecer e comprender os contextos nos que coexisten dúas ou máis linguas, que é o escenario habitual no mapa lingüístico mundial: linguas maioritarias/linguas minoritarias; linguas dominantes ou hexemónicas/linguas minorizadas; linguas oficiais/linguas non oficiais; conflito lingüístico; bilingüismo e diglosia; e prexuízo lingüístico.

Vodpod videos no longer available.

Se fai falla definir e exemplificar estes conceptos para ampliar información e para asimilalos correctamente, pódese distribuír a seguinte ficha:

Anotacións relacionadas:

Europa, unha realidade plurilingüe

Europa é plurilingüe: quen sabe galego sabe máis!

Linguas minorizadas peninsulares I: euskera e catalán

Linguas minorizadas peninsulares II: aragonés e asturiano

Unha resposta a “Contacto entre linguas nun mundo plurilingüe

  1. Pingback: Tweets that mention Contacto entre linguas nun mundo plurilingüe « Caderno de Lingua -- Topsy.com

Deixar un comentario