Europa é plurilingüe: quen sabe galego sabe máis!!!

                                    máis

E tivo que chegar a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e facer o traballo que non fixo a Consellaría de Educación nin a Secretaría Xeral de Política Lingüística nestes meses que van dende a aprobación e a entrada en vigor do Decreto 124/2007 até hoxe. A campaña As linguas no sistema educativo galego, apoiada nestes primeiros pasos polos concellos de Vigo, Pontevedra e Ourense, procura divulgar as vantaxes do plurilingüismo na educación partindo do novo regulamento do galego no ensino non universitario e vén motivada pola dura e demagóxica campaña de acoso ao proceso de normalización lingüística iniciado por diferentes sectores políticos, mediáticos e sociais.

Dende os centros de ensino, dende as equipas de normalización e dende todos os ámbitos sociais nos que cada un/unha de nós teñamos algo que achegar, podemos apoiar e difunfir esta campaña de moitos modos. Non só debemos cargarnos de máis e mellores argumentos neste escenario de confrontación ficticio e provocado, tamén debemos facer un intenso labor pedagóxico entre toda a comunidade educativa.

Todas as formas de difusión que se nos ocorran son boas (colgar publicidade nos taboleiros e nos blogues, informar ao profesorado, etc.) pero non hai que agardar a que nos chegue algúns trípticos e cartaces aos colexios e aos institutos para facelo. De feito, a páxina web dispón dun espazo para descargar e imprimir en diferentes formatos os materiais para procurar unha maior divulgación. A campaña é, en certo sentido, horizontal, xa que persegue activar moitos impulsos por todo o país multiplicando os seus efectos a través de moitas e moitas mans. Xa está ben de que nos dean todo feito! 

Dende aquí lanzo unha modesta tormenta de ideas que nos achegue diferentes formas de tirarlle proveito a estes materiais. Comezo eu: no canto de incluír unha información relativa á campaña na revista escolar que ha de saír nesta recta final de curso, insertaremos un tríptico (a cor, hai que facer un esforzo extra, tanto orzamentario como de traballiño manual -cortar, encartar…-, porque as cousas entran, primeiro, pola vista) en cada exemplar para visualizar nitidamente este material.

multilinguismo   

Polo demais, no marco desta iniciativa, profesores/as de sociolingüística ofrecerán charlas divulgativas en centros de ensino primario e secundario, para docentes, para asociacións de pais e nais, ou para estudantes. En canto á adhesión á campaña non sei se se buscará explicitamente o apoio dos ENDL e dos centros. 

Agardo as vosas ideas nos comentarios!

Advertisements

2 respostas a “Europa é plurilingüe: quen sabe galego sabe máis!!!

  1. Pois é, a este respecto Educación non tomou nestes meses todos nin unha soa medida ao xeito para garantir realmente a aplicación do decreto e para persuadir toda a comunidade educativa coas vantaxes do ensino plurilingüe. Mais, cando se lexisla por inercia política…
    Un material con contidos parellos ao da páxina desta campaña da Área de Normalización da UVigo estaba a disposición dos responsábeis educativos antes da saída do decreto para ser empregado en sesións con ANPAS, directores/as, inspección, etc. e o atraso provocado polo Consello Consultivo, que acirrou a oposición, chegou para que se arrombase. E, visto o incumprimento (os datos da Mesa son elocuentes), reafirmadas as necesidades en formación e recursos por parte do profesorado e oídos (con amplificadores) os burdos ataques dos GB, bilingües español-inglés, que se fixo/dixo?
    Só desde fóra de Educación, algún artiguiño.
    O que se precisa é unha (sub)dirección xeral, ou un Servizo en todo caso, dedicada a esta cuestión central, como teñen noutras nacións con lingua minorizada.
    En calquera caso, tal como estamos, esta iniciativa e a túa proposta son estupendas. Como mínimo, teremos que espallar este material polo centro (taboleiros, departamentos, etc.) e dárllelo a coñecer ás familias desde a dirección.
    Por certo, tamén é ben recomendábel este artigo de Bragado.

  2. Pingback: Contacto entre linguas nun mundo plurilingüe « Caderno de Lingua

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s