Linguas minorizadas peninsulares I: euskera e catalán.

Posto que o blogue comezou a andar hai apenas un mes fican por subir algúns materiais de aula xa utilizados no que vai de curso. É o caso do que empregamos para nos achegar ás linguas minorizadas da Península Ibérica tanto en 3º como en 4º da ESO. No primeiro caso, o alumnado, disposto en parellas, tivo que preparar unha presentación en diapositivas dos diferentes idiomas (agás o galego, o portugués e o castelán) logo dunha pertinente e breve introdución teórica

En 4º mergullámonos na realidade plurilingüe do estado a través da música. Ao longo de varias sesións presentáronse as diferentes linguas introducidas por unha actividade de motivación consistente na audición de temas de varios grupos. Con cada un dos idiomas, entregouse unha ficha descritiva moi simple, que incluía información sobre a lingua e o grupo, ademais da letra e a tradución de cada unha das cancións. O obxectivo era escoitar esas linguas nun código moi próximo ao alumnado, a música. Malia que a realidade mediática e política estatal teima en facer invisíbeis os diferentes idiomas do Estado diferentes do español (e as expresións artísticas vehiculadas nesas linguas) aos ollos do cidadán medio, as novas tecnoloxías achegan máis ca nunca estas realidades e dispoñen materiais (fontes, vídeos nas diferentes linguas…) ao noso alcance que, ben aproveitados, poden dar estes magníficos resultados.

Comezamos co catalán e o euskera (“éuscaro”?) da man de Sorkun e Obrint Pas, visitantes asiduos das terras galegas, a primeira sobre todo acompañando a Fermín Muguruza e o grupo valenciano converténdose xa nun clásico dos festivais do país como puidemos comprobar -e gozar- no 2007 na xira de presentación do disco “Benvinguts al paradís” (mellor disco de pop-rock en catalán 2007 para o lectorado do Avui).

 

Sorkun: “Lurra”

  

Obrint Pas: “Benvinguts al paradís”

Na columna da esquerda, pódense ver os vídeos da solista vasca e a banda valenciana.

Advertisements

3 respostas a “Linguas minorizadas peninsulares I: euskera e catalán.

  1. Pingback: Contacto entre linguas nun mundo plurilingüe « Caderno de Lingua

  2. Pingback: Unha suxestión | Remexer Na Lingua

  3. Pingback: Unha suxestión | Remexer Na Lingua

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s