- Titorias en galego para WordPress e Blogger: guías de uso destas dúas plataformas de creación e xestión de blogues. Breve introdución aos edublogs e recursos para as aulas de CC.SS, Xª e Hª, CC.NN. e BioXeo.
- Para traballar as lecturas: cuestionarios, guías de lectura e test sobre determinados libros.
- Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüística: alestra pronunciada nas XIX Xornadas de Lingua e Literatura (CIG-ENSINO & AS-PG), Santiago de Compostela, 25 de abril de 2009.
- A unidade didáctica de Linguas cruzadas xa está na rede: reseña sobre a UD Linguas cruzadas, de Ana Iglesias, disponibilizada para a súa descarga na rede.
- O Planeta ENDL supera as 100 subscricións: o Planeta de ENDL a 1 de setembro de 2009.
- Os ENDL móvense (actualización): blogues e sitios de interese para os Equipos de Normalización Lingüística.
- Patrón de autorrección para a expresión escrita (adaptación)
- Presentación sobre literatura galego-portuguesa medieval: elaborada polo profesor Ramón Cruces Colado
- Grupo LGL en Slideshare: presentacións da materia de Lingua Galega e Literatura en slideshare.net
- Novos recursos sobre as vangardas e aínda máis: unidade didáctica e presentación sobre as vangardas elaboradas por Pilar Ponte e Lourenço Álvarez Ruíz respectivamente. Así mesmo, inclúese información sobre a UD O fidalgo e outros relatos, de Ramón Otero Pedrayo, que foi elaborada conxuntamente por Pilar Ponte e Francisco Martínez Bouzas, así como unha UD sobre violencia de xénero centrada na publicidade deseñada pola mesma profesora.
- Guión sobre Linguas cruzadas: material de apoio para o visionado e debate do documental de Mónica Ares e María Yáñez que aborda a situación da lingua galega aos ollos da mocidade galega
- Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística: rede de páxinas e blogues de ENDL dos centros de ensino.
- Converter powerpoint en vídeo
- Presentacións con Showbeyond e libros dixitais con Issuu
- Wiki Literatura Galega do Século XX: wiki sobre literatura galega actual do Dpto. de Lingua Galega do IES David Buján de Cambre.
- Catálogo de agasallos en galego do CPI Vicente Otero de Carral
- O Caderno de Lingua. Unha experiencia común: presentación propia exposta nas xornadas Competencia en comunicación lingüística nunha Europa plurilingüe e pluricultural.
- Os ENDL móvense: reflexións acerca do labor dos Equipos de Normalización e do papel da administración galega neste eido. Inclúe listaxe de ligazóns a ENDL e outros recursos relacionados.
- Á caza do ghzafello lingüístico: actividade de aula sobre os castelanismos.
- Boletín de lecturas de 3º e 2º da ESO (Curso 2008-2009)
- Boletín de lecturas de 4º da ESO (Curso 2008-2009)
- Álbum Nós e Álbums da Guerra de Castelao en SplashCast: reformulación da entrada “Castelao: Album Nós e Álbums da Guerra” (04-02-08) en Splashcast.
- Creación e uso educativo dos blogues II: escolma de aplicacións Web 2.0
- Creación e uso educativo dos blogues I
- A didáctica integrada de linguas no Proxecto Lingüístico de Centro: intervención de Montserrat Ferrer no III Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino (outubro-novembro de 2008).
- A Planificación Sociolingüística de Centro: obradoiro sobre Planificación Sociolingüística de Centro impartido por Mercedes Queixas Zas no III Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino (outubro-novembro de 2008).
- A lingua galega e a relación coas TIC: premio á Innovación en Normalización Lingüística do IES de Chapela presentado no III Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino (outubro-novembro de 2008).
- Himno da GZ beatbox: versión beatbox do himno galego a cargo de Carlinhos Gende.
- Guión de traballo de ¡Asústate. Merche!, de Fina Casalderrey
- A cultura e a lingua galegas baixo a Ditadura: achegamento á situación da cultura e a lingua galegas durante a posguerra. Panorámica da poesía deste período. A obra de Celso Emilio Ferreiro.
- Algúns cibercadáveres exquisitos: experiencia de creación poética colectiva através da rede.
- Letras Galegas 2008 III:: recursos sobre Xosé María Álvarez Blázquez.
- Letras Galegas 2008 II: recursos sobre Xosé María Álvarez Blázquez.
- Letras Galegas 2008 I: recursos sobre Xosé María Álvarez Blázquez.
- Cibercadáver exquisito: actividade para estimular a creación poética.
- Prácticas narrativas II: creación de relatos a partir de curtametraxes.
- Splashcast: ferramenta para a elaboración de presentacións multimedia.
- Zoho Show: ferramenta para a elaboración de presentacións en liña.
- Prácticas narrativas I: creación de textos narrativos a partir de fotografías ou cadros.
- Guión de traballo de Morning Star, de Xosé Miranda (4º ESO)
- As vangardas artísticas: achegamento aos movementos de vangarda e proposta de actividades.
- Estratexias de comprensión lectora: propostas de traballo do blogue Caderno de Cores.
- Funcións oracionais 3: Compl. Circunstancial, Compl. Axente, Atributo e Compl. Predicativo.
- Funcións oracionais 2: CD, CI e Suplemento.
- Guión de traballo de Cartas de inverno: lectura obrigatoria para 2º ESO.
- Sintaxe I (Sintagmas. Funcións Oracionais I): S.N. S.V. Suxeito. Predicado.
- Guións de traballo de Rúa Carbón e Aire negro: lecturas optativas para 4º ESO.
- Castelao: Álbum Nós e Álbums da Guerra: diaporamas da obra gráfica de Castelao con música de X.M. Budiño e Suso Vaamonde.
- Ágora rede: rede ensino galego
- Castelao: percorrido pola vida e obra, especialmente a gráfica, do intelectual galeguista.
- Ticblog: o blogue de Alberto Armada cumpre dous meses.
- Isga Collective trae nas redes a Martin Codax: lectura contemporánea das cantigas do xograr do Mar de Vigo.
- Cantigas de hoxe: cantigas trobadorescas musicadas.
- O adxectivo (3º ESO): funcións, tipos e gradación do adxectivo. Inclúe algúns exercicios.
- Linguas minorizadas peninsulares II: aragonés e asturiano: o aragonés e o asturiano chegan da man de Mallacán e Dixebra.
- Linguas minorizadas peninsulares I: euskera e catalán: achegamento ao euskera e ao catalán a través da música de Sorkun e Obrint Pas.
- Esquemas da lírica medieval profana galego-portuguesa
- Guión do traballo da lectura obrigatoria do 2º trimestre (3º ESO): A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre.
- A auga: aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial: proxecto multimedia multidisciplinar elaborado polo Seminario TIC do IES A Sangriña da Guarda.
- Guión do traballo da lectura obrigatoria do 2º trimestre (4º ESO): Do outro lado do espello, de Jordi Sierra i Fabra.
- Patrón de autocorrección da expresión escrita
- Dúas publicacións históricas na rede: exemplares para descargar da revista Nós e o xornal A Nosa Terra.
- As Crónicas de Gáidil: o xogo de rol en galego de fantasía castrexa.
- CRAescuela: proxecto de normalización lingúística do Colexio Rural Agrupado Nosa Señora do Faro (Ponteceso).
- Sociolingüística nas Aulas I: actividade sobre o texto “Fábula del castellanoparlante” e a “Guía Sexual da Sociolingüística”, de Séchu Sende.
- A escola das areas: curtametraxe de animación en plastilina de Algarabía Animación baseado na figura de Martín Sarmiento.
- Na punta da lingua: materiais de expresión escrita, literatura e lectura na páxina persoal de Rosa Salgueiro.
- The Ancient Way / O Camiño Antigo: percorrido multimedia de grande calidade pola cultura tradicional galega.
- Galego para docentes: Blogue de recursos en galego para docentes e guión da memoria para @s funcionari@s en fase de prácticas.
- Himno Galego: un pouco de humor na celebración do centenario do himno galego.
- O tempo das Irmandades: achegamento á literatura galega do primeiro terzo do século XX.
- Historia da Lingua Galega: capítulo da serie Historias de Galiza (TVG) dedicado á historia do idioma.
- Phonetics: simulación interactiva sobre a produción dos sons lingüísticos (disponível para o español).
- Como se facían os manuscritos medievais: animación interactiva sobre o proceso de elaboración dun manuscrito medieval.
- Proxecto Lector de Centro: unha presentación necesaria para abordar a elaboración do proxecto Lector no CPI don Aurelio.
Déixovos a ligazón a palabrasdesconxeladas.com por se queredes anunciala cando as doutros recursos.
Parabéns polo voso traballo.