- Eduardo Pondal revisitado no ‘Hino de Galiza’ de El Puto Coke: o rapeiro vigués interpreta musicalmente o poema “Os pinos” no seu disco Coke Céspedes.
- A invisíbel efervescencia da música galega: artigo publicado no nº 824 da revista Irimia.
- Atalogho amigo, partiu!: a nova dirección da RG cesa a Xurxo Souto e muda o xa mítico “Aberto por reformas”.
- III Certame de Poesía Xosé A. Barral do IES As Bizocas (Ogrobe)
- Pedras contra tanques: tema de Leilía con letra de Suso de Toro sobre a barbarie sionista en Palestina.
- Music.gal, un bo escaparate musical da música do país
- Himno da GZ beatbox: versión beatbox do himno galego a cargo de Carlinhos Gende.
- Arredor da música en galego: reflexión de Seso Durán que aborda a problemática da proxección pública da música cantada en lingua galega.
- A cultura e a lingua galegas baixo a Ditadura: achegamento á situación da cultura e a lingua galegas durante a posguerra que inclúe temas de Suso Vaamonde e Xenreira, ademais dun vídeo sobre Voces Ceibes.
- Música e normalización da lingua: artigo de Xesús Fraga que aborda a importancia da múisca para a normalización do galego.
- “Deitado fronte o mar”, de Celso Emilio: a versión hip-hop do poema de Celso Emilio, obra de MC García (DKTC), serve de fondo a un acto de adhesión do alumnado do CPI don Aurelio ao manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego”.
- Primeira entrega do Musigal: presentación de Lamatumbá, The Homens, Machina, Dios ke te Crew e Fanny & Alexander.
- Musigal: presentación do proxecto Musigal elaborada con Splashcast.
- Éxito do obradoiro de hip-hop no CPI don Aurelio: crónica do obradoiro impartido polos músicos de Cerceda Martín Prego e Carlos Gende.
- Obradoiro de Hip-hop no CPI don Aurelio: Nitram e Carlinhos, da banda Machina, imparten un obradoiro no noso colexio no marco do Proxecto Musigal.
- Musigal: proxecto posto en marcha no CPi don Aurelio para dara coñecer a música en galego.
- Berlín: audiobook do poemario de María Lado con música de Fanny & Alexander.
- A canción como protesta: información acerca dos actos programados no festival Festidoiro 2008 de Cuntis.
boas, se Dios quere.
Eu son o Jose das Patas
ghuebmaster de musicaengalego.blogspot.com
Este espazo que se esta a crear na rede para darlle difusión a aqueles artistas que decidiron empregar a lingua galega. Non se discrimina a ninguén por estilo ou calidade senon que somentes se pretende crear un lugar para que a xentiña que non sabe deste universo musical poida ter un punto de partida. Espero poidades incluilo nas vosas ligazóns para que máis xente se poida enterar de que existe todo un mundo por descubrir que non llo van amosar nos 40 ou na 100 nin tan siquera na rtvg.
Como medios de difusión dos contidos que se van agregamdo empregamos:
Facebook musicaengalgo
twiter @musicaengalego
Podedes mandarnos propostas, ideas, grupos que non estan, festivais… a musicaengalego@gmail.com ou por mensaxe privada do facebook.
Sen outro particular i esperandos vos atopedes todos ben a la recepción de la presente, la familia vos anticipas las ghracias.