Cartaz dixital sobre Lois Pereiro

Metidos a experimentar con novas aplicacións chegamos, da man de  Lois Pereiro, a Glogster, unha ferramenta que permite crear en liña cartaces dixitais multimedia pois permite incrustar imaxes, sons, vídeo, etc. A súa potencialidade didáctica é alta e numerosos os seus usos educativos; nin que dicir ten que a súa forte dimensión visual fai de Glogster un recurso moi atractivo para o alumnado. Das súas características técnicas e os posíbeis usos que se lle pode dar nas aulas dá boa conta Xano neste blogue centrado en diversas aplicacións multimedia, outro espazo de referencia para o aproveitamento educativo da web 2.0.

7 respostas a “Cartaz dixital sobre Lois Pereiro

  1. Ben útil, parabéns, tamén por ese novo espazo de lingua que vés de abrir.
    No glogster, mágoa que non acepte directamente os tiles; pero hai solución: cómpre escoller o segundo tipo de caracteres e logo pegar a vogal co til (eu escribo no propio navegador, copio e pego): http://atabarradixital.blogaliza.org/files/2011/03/tilesglogster.jpg
    Saúdos!

  2. Grazas por facilitarnos o traballo aos demais! Paréceme fantástico ter todos os blogues da materia e de aula xuntos, sen ter que andar engadindo ou quitando enlaces e sen ter que perder horas na rede…
    Grazas tamén polo cartaz que agora mesmo che vou roubar!

  3. Un traballo supoño que moi útil, pero sobre todo, ben fermoso. Grazas.
    Xosé Manuel Pereiro

    • Grazas a ti, Xosé Manuel, por todo o material que estás colgando na páxina de Lois: imaxes, textos, vídeos… pero sen dúbida, na miña opinión, polo recital do Pub Moka. Para os que nin o coñecemos nin o escoitamos nunca ao vivo é un documento extraordinario.

      Apertas

  4. Grazas polas aportación que nos fas, de tantas maneiras: novidades, informacións, ideas, materiais, ilusión… Un traballo moi útil. O do glog, xenial! Case cho vou pedir prestado…

  5. Son Víctor, docente no colexio de Lourdes, da Estrada. Puxen un comentario anteriormente, Román, sobre o glog, e indiquei como sitio web bloglour.blogspot.com, un blog que teño…non sei como aparece un blog de probas que teño, blablablogum, non sei o que fixen nin o que non, o caso é que está nese escritorio de NetBives. Realmente é un blog de probas, sen moito que aportar. Poderías suprimilo? Podes empregar o outro, o bloglour. Perdona todo este rollo, pero é que vin o blablablogum e vaia sorpesa. Un Saúdo!

  6. Gran traballo. Eu estaba a artellar un glogster e navegando, navegando, cheguei ata aquí. O teu é perfecto. Eu tamén o recollo para o blogue da biblioteca. Graciñas.

Deixar un comentario