Arquivo por etiquetas: Xano Cebreiro

Ferramentas innovadoras para o ensino de Lingua e Literatura Galega

curso_barrié

Por aquí andaremos a finais de febreiro xunto con dous auténticos mestres nisto do uso educativo das TIC na Área de Lingua e Literatura, Xano e Xaime (moitos parabéns por este novo recoñecemento ao proxecto Fala Londres). Mesmo dá reparo rematar o curso tras eles. Quedades convidados/as!

Ás voltas co texto argumentativo

Para traballarmos o texto argumentativo (tamén en presentación de Loli Cid) hai multitude de propostas e materiais que podemos levar ás aulas: dende as clásicas valoracións das lecturas até a organización de debates ben planificados e pautados pasando pola elaboración de anuncios publicitarios.

O traballo coa tipoloxía textual pódese enfrontar dende variadas perspectivas mais sempre orientándose cara á práctica, e así temos interesantes recursos:

Identificar vantaxes e inconvenientes en relación a un tema, elaborar unha valoración completa e persoal dunha lectura ou comentar unha película máis alá dos típicos “gustoume/non me gustou” non é nada fácil máis alá do alumnado que tamén mostra bos resultados noutras facetas académicas.

No colexio andamos niso e nestas semanas atrás botamos man dunha curtametraxe e unha reportaxe (“Matar por diversión”, de Diego Bagnera) que dan moito xogo para traballar nas aulas de Titoría, Alternativa ou Lingua Galega, aínda que o fixemos a dous niveis diferentes (2º ESO e 4º ESO) e tan só como primeiro un primeiro chanzo no proceso. A idea é seguir turrando deste tema, o da violencia gratuíta (máis próxima do que pensamos: un e dous), para rematar propoñendo un debate máis traballado nas aulas.

A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura

No curso “A linguaxe das novas tecnoloxías” que comezou no CFR de Santiago de Compostela o pasado 10 de marzo fixemos, en palabras de Leonor Mazaira, “unha reflexión sobre a necesidade de mudar as nosas propias actitudes como docentes”, proceso no que “as TIC son unha ferramenta de apoio ao cambio metodolóxico imprescindible”.

As competencias básicas, a necesidade de traballalas desde cada área e como abordalas. A obriga que temos todos de actuar como mediadores para que o noso alumnado desenvolva a competencia de comunicación lingüística (Competencia), pero tamén a competencia de aprender a aprender, a competencia de autonomía e iniciativa persoal, competencia en tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá. E todas ellas sen saírse da área de lingua nin do PROGRAMA, PROGRAMA, PROGRAMA.

Non sei se deu para tanto e se quedou claro, mais ese era o obxectivo fundamental.

Cartaz dixital sobre Lois Pereiro

Metidos a experimentar con novas aplicacións chegamos, da man de  Lois Pereiro, a Glogster, unha ferramenta que permite crear en liña cartaces dixitais multimedia pois permite incrustar imaxes, sons, vídeo, etc. A súa potencialidade didáctica é alta e numerosos os seus usos educativos; nin que dicir ten que a súa forte dimensión visual fai de Glogster un recurso moi atractivo para o alumnado. Das súas características técnicas e os posíbeis usos que se lle pode dar nas aulas dá boa conta Xano neste blogue centrado en diversas aplicacións multimedia, outro espazo de referencia para o aproveitamento educativo da web 2.0.

Os meus dardos

Dende o blogue coa mellor denominación de orixe da blogosfera mundial, Made in Galiza, Séchu Sende atinoume cun Prémio Dardo.

«Com o Prémio Dardos reconhecem-se os valores que cada blogger, emprega ao transmitir os mesmos por culturais, éticos, literários, pessoais, etc., que, em suma, demonstram sua criatividade através do pensamento vivo que está e permanece intacto entre suas letras, entre suas palavras. Esses selos foram criados com a intenção de promover a confraternização entre os bloggers, uma forma de demonstrar carinho e reconhecimento por um trabalho que agregue valor à Web.

Este Prémio obedece a algumas regras:
1) Exibir a imagem do selo;
2) Linkar o blogue pelo qual se recebeu a indicação;
3) Escolher outros blogs a quem entregar o Prémio Dardos.»

E os meus dardos zoan camiño de…

Xano Cebreiro, que non só remexe na lingua 

Alberto Armada, infatigábel abrindo camiños para os/as compañeiros/as do cole no seu Ticblog

Seso Durán, que nos achega a súa música de xoguete

Heladio, dende a rúa dos Caladiños ensinando a recoñecer o presente ollando polo retrovisor