“Álbum Nós” e “Álbums de Guerra” de Castelao en Splashcast

O Caderno de Lingua chega ao post número 100 a piques de cumprir un ano de vida, de aí que, ademais de seguir medrando, cumpra mellorar o material publicado que sexa susceptíbel de facelo, que é moito. Grazas ás observacións de Rosa (agradecería aos visitantes do blogue que me trasladasen este tipo de problemas e correccións de todo tipo), volvo sobre a entrada Castelao: Álbum Nós e Álbums da Guerra (04-02-2008), que recolle parte da obra gráfica de Castelao por medio de dúas presentacións con música elaboradas con Snips. Esta aplicación non permite visualizar os diaporamas en pantalla completa, depreciando xa que logo o seu valor como recurso para usar na aula. No entanto, con Splashcast (titorial de Xano en Ágora Rede) é posíbel ver as presentacións en diversos tamaños (ao pasar o cursor por riba da presentación unha vez iniciada) e permite integralas directamente en WordPress, aspecto que non era factíbel coa anterior ferramenta. Ademais, tanto as creadas con Snips como con Splashcast atópanse no meu espazo en VodPod, accesíbel na columna esquerda do blogue.

A primeira presentación recolle as láminas do álbum Nós ao completo acompañadas polo tema homónimo do disco Zume de terra (2007), de Xosé Manuel Budiño, que inclúe nos primeiros compases a voz do propio Castelao nunha mensaxe gravada en fonopostal na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea de Os vellos non deben de namorarse, no Teatro Solís de Montevideo o 8 de outubro de 1941.

O segundo slide é unha compilación dos álbums da guerra do artista rianxeiro: Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos. A banda sonora correspóndelle a “A Daniel R. Castelao”, de Suso Vaamonde, do disco Nin rosmar dun laído, gravado ao vivo en Moaña en 1977.

2 respostas a ““Álbum Nós” e “Álbums de Guerra” de Castelao en Splashcast

  1. Pingback: Castelao: Álbum Nós e Álbums da Guerra. « Caderno de Lingua

  2. Unha aplicación estupenda Splashcast. Lástima que o mega que temos no instituto faga imposible o seu uso nas aulas. Non sei cómo estades vos por Cuntis, nós temos desde este verán todo o ies cableado, con acceso a internet en tódalas aulas e departamentos, pero cun mega. Estou intentando arranxalo coa uac. Non sei se ao final dependerá da ubicación do centro. Espero que non.
    Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s