Achegamos ao Caderno de Lingua parte da obra gráfica de Castelao por medio de dúas presentacións con música.
A primeira recolle as láminas do álbum Nós ao completo acompañadas polo tema homónimo do disco Zume de terra (2007), de Xosé Manuel Budiño, que inclúe nos primeiros compases a voz do propio Castelao nunha mensaxe gravada en fonopostal na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea de Os vellos non deben de namorarse, no Teatro Solís de Montevideo o 8 de outubro de 1941.

O segundo slide é unha compilación dos álbums da guerra do artista rianxeiro: Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos. A banda sonora correspóndelle a “A Daniel R. Castelao”, de Suso Vaamonde, do disco Nin rosmar dun laído, gravado ao vivo en Moaña en 1977.
Pingback: “Álbum Nós” e “Álbums de Guerra” de Castelao en Splashcast « Caderno de Lingua