Entrevista a Mercedes Queixas Zas, Coordinadora dos ENDL

Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é coordinadora provincial dos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) da Coruña. Até marzo de 2007 exerceu de profesora de lingua e literatura galegas no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É, ademais, secretaria xeral da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).


Valentina Formoso é coordinadora do ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo.

 

 

  

 

Mercedes Queixas Zas é, desde marzo de 2007, coordinadora territorial dos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros de ensino non universitario para a provincia da Coruña. Nesta entrevista feita por Valentina Formoso para o web da CTNL fálanos do seu traballo e da situación da normalización do galego neste eido.

 

“É exemplar a forte implicación do profesorado e do alumnado dos ENDL coa creación de novos espazos de uso para a lingua galega na escola”.

Poderías concretarnos cal é o traballo que desenvolvedes os/as coordinadores/as territoriais dos ENDL?


O noso traballo do día a día pretende responder a dous obxectivos básicos: asesorar e dinamizar os equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros educativos, tanto públicos como concertados. Tratamos de dar resposta ás súas dúbidas a respecto de como planificar lingüisticamente o seu centro, coordinar o seu traballo con outros centros educativos, próximos ou non, poñelos en contacto cos servizos de normalización lingüística existentes en moitos concellos para vehicular o traballo do centro educativo no contorno e viceversa, asesoralos na elaboración de proxectos de innovación en normalización lingüística ou proxectos de fomento do uso do galego no ensino, etc.

 

Sodes suficientes os catros coordinadores provinciais para abarcar todos os centros de ensino ou cumpriría unha rede con máis persoal ou quizais con outras “sub-coordinacións” comarcais ou por zonas?


Non é doado atender, co detalle que se necesita e merece, o inmenso labor que realizan a maioría dos ENDL, moitos deles cunha interesantísima perspectiva diacrónica que os converten en motores de iniciativas ben positivas para asegurar a competencia e o uso sen complexos da lingua galega. Ademais, desde o primeiro día, os catro coordinadores territoriais, xunto á nosa coordinadora central, propuxémonos dar un paso adiante que entendiamos moi necesario por cubrir unha eiva histórica: pornos ao pé dos compañeiros e compañeiras docentes que traballan nos seus equipos e conseguir a maior proximidade comunicativa, mesmo física, desprazándonos aos propios centros, cando fósemos requiridos. No meu caso, conseguir isto, que me parece unha aposta pola valoración do traballo de dinamización lingüística no ensino, non resulta doado dadas as características da provincia da Coruña, cun elevadísimo número de centros educativos que atender espallados entre 94 concellos e cunha concentración social en espazos xeográficos que presentan uns índices de castelanización elevadísimos: Ferrol, Vigo e A Coruña, xunto a áreas comarcais ou periurbanas que actúan neste momento tamén como espazos fortemente desgaleguizadoras. Outro tanto acontece coa provincia de Pontevedra, mais aínda en Lugo e Ourense, provincias con menor índice poboacional e menor número de centros, tamén se presentan problemas dada a forte dispersión xeográfica. Aínda así, temos que dicir que sempre que somos requiridos intentamos dar unha resposta positiva e á altura do que sabemos que se espera de nós.

 

Descarga a entrevista completa en formato .PDF

 

Advertisements

3 respostas a “Entrevista a Mercedes Queixas Zas, Coordinadora dos ENDL

  1. Holaa profee!! canto tempo! jejeje
    que tal baiche todo? arrea, este blog deixa quedar mal o meu jejeje.
    Bueno profe, pois espero que che vaia todo ben, e haber si ves algun día polo insti a darnos unha visita.
    Un abrazo
    Anxo

    P.D.: http://anxogrove.wordpress.com — a miña paxina 😉

  2. Ola, Anxo!

    Moito tempo, si, pero teño fotos vosas e algúns recordos: quen me ía dicir a min que iría ao Santiago Bernabeu. Pois tiven que ir cuns elementos porque se é por min non pisaba ese lugar: onde estea Balaídos que se quite o Bernabeu!

    Xa fun polo Grove unha noite aló por abril ou maio e preguntando por vós ben comporbei que ti es coñecido na vila… he, he

    saúdos

  3. Pingback: A planificación lingüística no ensino « Caderno de Lingua

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s