Guía de lectura de ‘Makinaria’, de Carlos Negro

Andabamos a voltas coa presentación no noso centro do poemario Makinaria, de Carlos Negro, e velaí que Rosa Salgueiro vén de poñer nas nosas mans unha estupenda e moi completa guía de lectura, que contou coa colaboración do sempre accésibel e xeneroso autor.

A proposta foi elaborada en formato LIM e presenta dúas versións diferenciadas segundo o nivel de lectura e o tempo do que se teña para traballar o libro: Gozar da paisaxe (versión completa de 40 actividades) e  Ir polo atallo (versión reducida de 30 actividade). Se a Rosa, a quen felicitamos xa de antemán por este novo recurso que pon á nosa disposición, non lle importa, o alumnado de 3º da ESO do IES de Porto do Son pode ser o primeiro en testar esta súa guía de lectura.

E quen mellor que estes rapazas e rapazas para presentarvos o poeta e amosarvos apenas unhas pinceladas  da posta en escena de Carlos Negro ante os seus lectores máis novos. Sucedeu hai uns días e alí estaban as xentes de Vinte Dez TV, a televisión en liña do noso instituto. Escoitamos poemas, lemos poemas, sentimos poemas. Despois armamos unha entrevista.

Vodpod videos no longer available.

more about “Makinaria, de Carlos Negro“, posted with vodpod

Unha resposta a “Guía de lectura de ‘Makinaria’, de Carlos Negro

  1. Pois si que é unha feliz coincidencia, Román. Alegraríame moito que puxeses xa a proba o material co teu alumnado, para iso é.
    E terei que ir pensando en abrir unha “sección makinaria” na web porque non se poden desaproveitar materiais tan xeitosos como a vosa entrevista. Parabéns para vós tamén!!

Deixar un comentario