Medo

Logo de moito traballo e moita ilusión, o verdadeiro motor dos soños, chega á rede o último froito do proxecto SonCine, unha humilde utopía escolar feita realidade no Instituto de Porto do Son.

Vodpod videos no longer available.

more about “Medo“, posted with vodpod

medo from SonCine on Vimeo.

Lemos na canle de SonCine:

é unha curta de medo / morre ata o apuntador / o profe di que cando matas un personaxe é que non sabes que facer con el / fixémola rapaces de 3º de ESO / o profesor di que o que importa é facer; que se non fas é como se non non soubeses; el di: saber é unha acción; e berramos acción canto quixemos / tamén di que o resultado é importante pero que moito máis o son os riscos que asumes e o que aprendes dos erros / se o mira por aí imos levar unha nota moi alta porque erros hai a mancheas / quizais por iso o puxemos (ao profe) nesta curta de profesor… fantasma

Gustoume andar preto desta xente durante este curso que xa vai chamando polo verán.

4 respostas a “Medo

  1. Xabier P. DoCampo

    É ben certo que o que importa é facer. Parabéns ao profesorado promotor deste traballo e, moi especialemte, aos alumnos e alumnas que o levaron a cabo.
    Esta é a escola na que eu creo!

  2. Pingback: Tweets that mention Medo « Caderno de Lingua -- Topsy.com

  3. Moi boa a curtametraxe =)

  4. Estou a difundir o vídeo entre os meus coñecidos, paréceme un acerto esa actitude!
    Parabéns polo traballo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s