Ás voltas co texto argumentativo

Para traballarmos o texto argumentativo (tamén en presentación de Loli Cid) hai multitude de propostas e materiais que podemos levar ás aulas: dende as clásicas valoracións das lecturas até a organización de debates ben planificados e pautados pasando pola elaboración de anuncios publicitarios.

O traballo coa tipoloxía textual pódese enfrontar dende variadas perspectivas mais sempre orientándose cara á práctica, e así temos interesantes recursos:

Identificar vantaxes e inconvenientes en relación a un tema, elaborar unha valoración completa e persoal dunha lectura ou comentar unha película máis alá dos típicos “gustoume/non me gustou” non é nada fácil máis alá do alumnado que tamén mostra bos resultados noutras facetas académicas.

No colexio andamos niso e nestas semanas atrás botamos man dunha curtametraxe e unha reportaxe (“Matar por diversión”, de Diego Bagnera) que dan moito xogo para traballar nas aulas de Titoría, Alternativa ou Lingua Galega, aínda que o fixemos a dous niveis diferentes (2º ESO e 4º ESO) e tan só como primeiro un primeiro chanzo no proceso. A idea é seguir turrando deste tema, o da violencia gratuíta (máis próxima do que pensamos: un e dous), para rematar propoñendo un debate máis traballado nas aulas.

4 respostas a “Ás voltas co texto argumentativo

  1. Moi aproveitábel recompilación de propostas!
    A respecto da miña actividade que citas, debo dicir dúas cousas:
    1. é unha adaptación desta pequena secuencia da Revista Nova Escola: http://revistaescola.abril.com.br/lingua-portuguesa/pratica-pedagogica/ensine-turma-fazer-relacoes-textos-opinioes-diferentes-493835.shtml ;
    2. para o alumnado de 1º da ESO (con non poucas dificultades, iso si) vina desaxustada; si foi aproveitábel a análise guiada dun fragmento audiovisual e mais a proposta creativa final de http://remexer.com/interactivas/argumentar2/argumentar2.swf .
    Este ano, en 4º da ESO, abordamos a argumentación (http://remexer.com/cuarto/?portfolio=actividade-5-nomes-con-valor ) atendendo cuestións clave que ti ben apuntas (ou xa tes apuntado):
    a) a conexión coa liña de traballo aberta en Lingua castelá, grazas á coordinación previa;
    b) a inclusión das características do xénero textual argumentativo co que se xoga dentro dunha secuencia de produción.

  2. Ola Xano,

    Aínda que estas achegas túas quedan xa recollidas neste comentario, vounas incluír no corpo do artigo. Estas propostas si que son aproveitábeis.

    Apertas

  3. Pingback: Ás voltas co texto argumentativo | Lingua e Biblio | Scoop.it

  4. Pingback: CADERNO DE LINGUA. Ás voltas co texto a...

Deixar un comentario