Music.gal, un bo escaparate da actualidade musical do país

A Feira das Industrias Culturais Galegas, Cultur.gal, acolle acertadamente na súa segunda edición unha boa mostra das manifestacións máis dinámicas da cultura galega do momento. Superado o enfoque daquela primeira edición celebrada hai dous anos en Pontevedra, desenvolvida ao redor do libro, na feira que comeza mañá na Coruña estruturase nun programa moi completo e atractivo que, madia leva, se fai imposíbel seguir.

A música ocupa un lugar preferente cunha novidosa, cando menos por estas terras, programación profesional, que se complementa cun espectáculo multidisciplinar aberto ao público, o Music.gal. Nel, poderemos gozar de The Homens, Marful, Dios Ke te Crew, O Sonoro Maxín, Projecto Mourente, etc. ao lado da compañía teatral Chévere ou as poetas Yolanda Castaño e Estibaliz Espinosa.  

A actualidade musical galega vive un momento especialmente vizoso que precisa dunha potente plataforma industrial e de comunicación que asegure o seu futuro máis alá de bums pasaxeiros, como o que viviu o folke nos anos 90. Gustaríame destacar dous discos que chegarán co 2009. Por unha banda, sinalaría o segundo traballo dos Dios Ke te Crew, que vén de presentar o seu novo web, dun deseño moi coidado e con interesantes seccións de novas, fotos, vídeos e descargas, de permite descargar todos os traballos editados até o momento pola crew de Ordes. En breve o seu novo disco. Por outra banda, cambiando totalmente de estilo, o esperado segundo disco de Marful, un grupo que emociona ao vivo aínda máis que na gravación.

Para rematar, fágome eco seguindo ao levantador de minas da presentación e distribución nesta feira do disco do Obradoiro A Coruña Son, que se poderá descargar de balde na rede en dúas semanas.

Un par de desexos musicais para o 2009: que O Sonoro Maxín, despois do moito que brincamos este verán en varios concertos da banda, edite algo; e que o noso Musigal de Cuntis siga medrando. 

Advertisements

Unha resposta a “Music.gal, un bo escaparate da actualidade musical do país

  1. Desde O levantador de minas: debo advertir que non lestes ben a noticia que dabamos no blogue. O disco non se vende: dáse de balde o disco no stand da Concellaría de Cultura desde mañá día 4, é dicir, ide por el que vos está agardando. Despois, en dúas semanas aproximadamente, poderase descargar gratuitamente tamén da rede.
    Unha aperta e grazas por divulgar o proxecto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s