Os ENDL móvense II: catálogo de agasallos do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e a Biblioteca do CPI Vicente Otero Valcárcel (Carral) acaba de editar un catálogo de xoguetes e outros agasallos (música, cinema…) en galego.  Vía Chuza sabemos ademais que este catálogo sinala onde se poden mercar estes produtos e que se trata dunha iniciativa que procurará actualizarse coas achegas de todos/as. 

Dende a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística achegan este ano o recurso Agasallos en galego para os mozos, que vén sumarse ao anterior Agasallos de Nadal en galego para os máis novos do ano 2007.

Vaian os nosos parabéns, xa que logo, á xente de Carral e apupos a Política Lingüística que, se ben amosa bo tino por poñer a atención nunha lagoa fundamental para os/as que desexamos “vivir en galego”, non é menos certo que se trata de medidas insuficientes pola súa reducidísima proxección pública. Eran estas as políticas transversais que se anunciaban ao comezo da andaina desta Secretaría? Eu por transversal entendería unha acción conxunta coa CRTVG, con Industria e Comercio, Xuventude, Sanidade, Cultura, etc. O catálogo de Carral, cunha boa difusión, acadará unha maior efectividade no seu contorno e podes baixalo en formato .pdf aquí.

PD 1: no número 35 (novembro-decembro) da revista de Biblos Clube inclúese, ademais das novidades editoriais infantís e xuvenís, unha páxina dedicada aos xoguetes electrónicos en galego.

PD 2: Agasallos en lingua propia (La Opinión, 23-12-08).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s