Festival Música nas túas palabras

orff

O Festival Música nas túas palabras chegou á súa segunda edición no IES As Bizocas do Grove. Trátase dunha fermosa e moi laboriosa iniciativa do Equipo da Biblioteca e o Departamento de Música, é dicir, dos profesores José Manuel e Olga, e podemos asegurar que, pese ao pouco tempo transcorrido, estamos ante un proxecto novidoso e referencial no ámbito escolar galego.

Música nas túas palabras conxuga poesía e música: os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé A. Barral son musicados e interpretados pola Orquestra Orff do IES As Bizocas. O concurso poético vai tamén na súa segunda edición e neste curso tivo como presidente do xurado ao escritor cambadés Ramón Caride. Se nun principio podían presentarse a este certame alumnos e alumnas do concello do Grove, desta volta abrangueu todo o Salnés en dúas modalidades: ESO e Bacharelato. Pola súa banda, a existencia da Orquestra Orff do instituto demostra a vitalidade e as ganas de facer cousas dun docente que vén de sacar adiante a segunda promoción dunha orquestra escolar nun centro que… apenas supera os 150 alumnos!!! E, ademais, conta co hándicap de que parte dos alumnos e alumnas formados o curso pasado na orquestra seguen os seus estudos fóra do instituto, que non conta con bacharelato.  

E o festival medra co apoio do concello meco, da CRTVG, que xa o ano pasado desprazou a unidade móbil para gravalos, e a colaboración do CEIP As Bizocas. 

Parabéns a toda a comunidade educativa das Bizocas por contar con este luxo de festival e, en especial, a José Manuel. No seu novo blogue (benvido!), podedes acceder á crónica e ao programa do festival.

Advertisements

5 respostas a “Festival Música nas túas palabras

  1. Moitas grazas Román.
    Sempre un pracer saber de ti.

  2. Pingback: Música nas túas palabras « Seso Durán

  3. Pingback: IIIº Certame de Poesía Xosé A. Barral do IES As Bizocas « Caderno de Lingua

  4. Pingback: Os motores do ensino « Caderno de Lingua

  5. Pingback: Conta atrás para un novo Música nas túas palabras « Seso Durán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s