Arquivo por etiquetas: IES As Bizocas

emoción+acción

Cun chisco de sabor a despedida persoal, ao remate do curso facía un pequeno balance da serie O meu Son, un dos pés cos que camiñou SonCine ao longo dun curso intenso no que fomos argallando diversas iniciativas (cinefórum, Encontro do Audiovisual Galego, XII Premio Leixaprén…) ao redor dun proxecto interdisciplinar e autoxestionado centrado na formación audiovisual do alumnado.

Do tempo de SonCine, que naceu no ano 2006, e análogos en boa medida, son o Certame Xosé A. Barral  e a Orquestra Orff do IES As Bizocas do Grove, a quen lle teño dedicado algunhas entradas neste blogue, non por acaso asistín á súa xestación naquel curso tan produtivo e especial para min por moitos motivos. Creo que non hai nada mellor ca este vídeo da factoría Orff para coñecer esta iniciativa singular e valorar o seu traballo.

Moitos parabéns a Seso Durán e demais profesorado implicado e, sobre todo, aos rapaces e rapazas das Bizocas.

Vodpod videos no longer available.

1st collector for Musicando Arbo
Follow my videos on vodpod

O ensino é unha acción

Así, con esta premisa, chega dende O Grove unha nova edición do Certame de Poesía Xosé A. Barral, que tiven a sorte de ver nacer no IES As Bizocas hai xa cinco cursos. É este un dos concursos literarios máis singulares dos  que se celebran en Galiza, un certame que aúna palabra e música na súa festa final, o Festival Música nas túas palabras, onde un pequeno grande milagre chamado Orquestra Orff interpreta un repertorio que inclúe músicas orixinais para os textos gañadores.

Como en anteriores ocasións, traemos esta nova ao Caderno para animar a participación, aberta a todo o alumnado de secundaria e tamén…, por que non dicilo? Para fachendear dos méritos alleos e polo cariño conservado ás Bizocas 06-07.

Da factoría musical das Bizocas tamén saíron momentos coma estes:

Vodpod videos no longer available.

Vodpod videos no longer available.

Vodpod videos no longer available.

Os motores do ensino

Alguén dubida vendo estas caras que palabras como entusiasmo, cooperación, vitalidade, compromiso, voluntarismo, dedicación… son fundamentais no ensino?

Dende o IES As Bizocas Seso Durán e o seu alumnado van queimando etapas de cara a  unha nova aparición pública da Orquestra Orff no Festival Música nas túas Palabras, que combina música e poesía nun repertorio que acolle tamén as partituras compostas para a ocasión polo profesor de música do centro e que serven de acompañamento aos textos premiados no IIIº Certame de Poesía Xosé A. Barral, un concurso escolar modélico que vai a máis en cada edición.

Parabéns á comunidade escolar das Bizocas!

Moita forza a do Xabaindulto

O alumnado do IES As Bizocas de Ogrobe segue firme na súa campaña a prol do Xabaindulto meses despois do seu inicio, aló polo mes de abril, acadando novas metas. Coordinados e impulsados por Patricia Arias Chachero, profesora e responsábel do ENDL do instituto, os rapaces e rapazas mecos foron quen de recadar apoios fóra da súa vila a esta iniciativa que pide a volta do Xabarín Clube á grella infantil habitual da TVG, agora desprazado a un incomprensíbel horario de mañá. Membros da Academia Galega, do Consello da Cultura ou da Universidade de Santiago de Compostela xa asinaron un “indulto” que agora, aproveitando a campaña electoral, suma as rúbricas de candidatos ao Parlamento Galego. A pesar da falta da resposta da canle, o alumnado non decae no seu empeño nunha acción que vai máis alá da recuperación do mítico porco bravo co que moitos descubrimos, por exemplo, a música rock en galego, para converterse nunha manifestación en toda regra a prol do idioma galego e unha mostra dun interesante e globalizador proxecto de normalización dende o ensino.

Parabéns!

IIIº Certame de Poesía Xosé A. Barral do IES As Bizocas

O Certame de Poesía Xosé A. Barral que organiza a Biblioteca do instituto meco das Bizocas chega á IIIª edición para se consolidar como un dos certames literarios máis orixinais do panorama escolar galego. En apenas tres cursos, pasou de ser un concurso aberto aos dous centros educativos de ensino secundario da vila para acadar unha dimensión galega.

A propia xestación do certame  foi ambiciosa de por si ao confluír coa creación da Orquestra Orff que, da man do profesor de música Xosé Manuel Durán, leva á partitura os poemas galardoados, que son interpretados para o público  no Festival Música nas túas palabras.   

Estas son as bases da súa terceira edición, que tamén podedes descargar aquí:

  1. Poderá participar todo o alumnado que estea cursando a ESO ou o Bacharelato durante o curso 2008/2009.
  2. Establécense, por tanto, dúas categorías: ESO e Bacharelato.
  3. Os poemas, de temática libre, presentaranse en lingua galega. Os textos terán que ser orixinais, inéditos e non ter sido premiados en ningún outro concurso. Só se poderá presentar un poema cunha extensión mínima de 20 versos e máxima de 25.
  4. Enviaranse 6 copias de cada poema baixo lema ou pseudónimo. Xunto ao traballo, nun sobre aparte, figurará o lema ou pseudónimo e a categoría na que participa. No seu interior incluirase unha nota onde figuren o nome e apelidos, enderezo, nº de teléfono e enderezo electrónico (se o tivese) d@ participante
  5. As obras faranse chegar por correo ordinario ou entregaranse en sobre pechado sen remitente identificador á Biblioteca do IES As Bizocas Balea s/n. Cp. 36988 San Vicente, O Grove (Pontevedra).
  6. A data límite de recepción de orixinais é o 16 de marzo de 2009.
  7. O xurado outorgará dous premios de 125 € e diploma para o poema gañador de cada categoría.
  8. O xurado, cuxo fallo será inapelable, poderá declarar os premios desertos, concedelos ex aequo, ou establecer mencións de honra se así o considerase.
  9. A decisión do xurado comunicarase a o gañador ou gañadora e anunciarase a través dos medios de comunicación o 2 de abril de 2009, día internacional do libro infantil e xuvenil.
  10. Os poemas g añadore s s e rán musicados e interpretados pola Orquestra Orff do IES As Bizocas e estreados no Festival Música nas túas palabras que terá lugar a finais de xuño de 2009, acto no que procederase á entrega dos premios
  11. Os traballos premiados quedarán en propiedade do IES As Bizocas para a súa publicación, os restantes serán destruidos.
  12. A participación nesta convocatoria implica a aceptación de todas e cada unha das normas contidas nas bases. 

IES AS BIZOCAS

Coa Colaboración da Concellaría de Cultura do Concello do Grove, a Compañía da Radio Televisión de Galicia e o IES Monte da Vila

Festival Música nas túas palabras

orff

O Festival Música nas túas palabras chegou á súa segunda edición no IES As Bizocas do Grove. Trátase dunha fermosa e moi laboriosa iniciativa do Equipo da Biblioteca e o Departamento de Música, é dicir, dos profesores José Manuel e Olga, e podemos asegurar que, pese ao pouco tempo transcorrido, estamos ante un proxecto novidoso e referencial no ámbito escolar galego.

Música nas túas palabras conxuga poesía e música: os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé A. Barral son musicados e interpretados pola Orquestra Orff do IES As Bizocas. O concurso poético vai tamén na súa segunda edición e neste curso tivo como presidente do xurado ao escritor cambadés Ramón Caride. Se nun principio podían presentarse a este certame alumnos e alumnas do concello do Grove, desta volta abrangueu todo o Salnés en dúas modalidades: ESO e Bacharelato. Pola súa banda, a existencia da Orquestra Orff do instituto demostra a vitalidade e as ganas de facer cousas dun docente que vén de sacar adiante a segunda promoción dunha orquestra escolar nun centro que… apenas supera os 150 alumnos!!! E, ademais, conta co hándicap de que parte dos alumnos e alumnas formados o curso pasado na orquestra seguen os seus estudos fóra do instituto, que non conta con bacharelato.  

E o festival medra co apoio do concello meco, da CRTVG, que xa o ano pasado desprazou a unidade móbil para gravalos, e a colaboración do CEIP As Bizocas. 

Parabéns a toda a comunidade educativa das Bizocas por contar con este luxo de festival e, en especial, a José Manuel. No seu novo blogue (benvido!), podedes acceder á crónica e ao programa do festival.

As Bizocas no Correlingua

Que alegría lle dá a un ver os/as antigos/as alumnos/as vendo facer cousas tan xeitosas como esta faixa para o Correlingua do Salnés, que se celebrou onte en Vilagarcía de Arousa. Parabéns a Anxo, Celia, Érika, Lara, Lisset, Germán… e tamén á profe de Plástica, Menchu, e ao ENDL do instituto.

En galego todo é posible: troulear, viaxar, coñecer, namorar, xogar, estudar, dirixir, ler, bicar, bulir, lembrar… proba e verás.

Vodpod videos no longer available. from web.splashcast.net posted with vodpod

Na vila meca teñen preparado un completo e orixinal programa para as Letras Galegas que inclúe o sáfari fotográfico Enfocando o galego “na procura da maior burrado lingüística” ou unha Festa das Letras. de seguro que andarán por alá os rapaces e rapazas das Bizocas.