Novo número da nosa revista escolar: A Nosa Voz

O ENDL do CPI don Aurelio presentou o pasado venres 20 un novo número da revista escolar. Como non podía ser doutro xeito, as présas marcaron a fase final de maquetación, corrección… chegada dos últimos artigos e fotografías. Pódese dicir que este ano os blogues do colexio salvaron a súa edición xa que o horario de mañá e tarde que temos, que fai practicamente inviábel ter unha tarde semanal para traballar co alumnado, así como a pouca colaboración de moitos dos departamentos, non fixeron nada fácil a saída d’A Nosa Voz. Vaian pois os parabéns para os Departamentos de Actividades Extraescolares, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Lingua Galega, ademais dos grupos de 5º A e 3º A de Primaria. E, por suposto, ás rapazas e rapaces que colaboraron, especialmente ao alumnado de 4º da ESO que conduciu durante todo o curso a bitácora Seica chove no patio? Para descargar abonda con premer aquí ou na portada da revista.

Haberá que ir pensando nun futuro non moi afastado en rendibilizar os recursos cos que contamos e ir substituíndo estas publicacións en papel polas súas versións dixitais. No noso colexio quedou demostrado durante este curso que os blogues foron máis produtivos dende o punto de vista educativo. Un bo referente para iniciar ese camiño pode ser Bico da Ría, a revista dixital do ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo que coordina a incansábel Valentina Formoso e que me deu a coñecer estes días o amigo Xosé Noia, que traballou arreo no seu paso polo centro. 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s