Arquivo da categoría: CPI don Aurelio

Presume de Galego

A Coordinadora Galega de ENDL convídanos a partillar esta mensaxe de orgullo lingüístico máis alá do 17 de maio:. O traballo audiovisual é obra do Canal Artes Plásticas, ou o que é o mesmo, do profesor Joseba Plazuelo e o seu alumnado do IES María Soliño de Cangas do Morrazo:

Contamos con vós para que esta mensaxe non se destrúa automaticamente en cinco segundos.

Contamos con vós para instalar no Sistema un virus positivo, coa lingua na boca e un sorriso nos beizos.

Contamos con vós para que a nosa mensaxe salte por todos os medios a todos os medios.

Contamos con vós porque o 17 de maio non é a meta, senón a liña de saída.

LinguaSon, Vinte Dez, SonCine…

Despois de dous anos en Cuntis, onde me sentín moi a gusto, toca aterrar e comezar novos proxectos no meu novo centro. Imos amodo, que as présas non son boas, e a ver se podemos poñer en funcionamento e consolidar o Clube da Lingua facendo partícipes ao alumnado e ao profesorado e tentando establecer unhas primeiras relacións coas familias e o contorno do centro. Como até o de agora non existía esa dinámica, vai custar un pouco, a ver que damos feito.

Para comezar, súbome ao Proxecto SonCine, un proxecto pioneiro e máis que consolidado que hoxe mesmo vai dar un novo froito, a curtametraxe “Mar”, que se proxectará a partir das 21:00 no Coliseo Noela de Noia no marco da Mostra de Curtas da vila. E, partindo da experiencia deste interesante programa, nace o proxecto 2010. Vinte Dez, a creación dunha TV en liña do IES Porto do Son, que acaba de recibir un accésit nos Premios á Innovación en Normalización Lingüística que convoca a SXPL.

E a ventá do noso traballo ha ser o blogue LinguaSon, que aínda se atopa en fase de probas e que seguro que ha ser acompañado en breve por novas páxinas e redes sociais e outras aplicacións do noso ENDL.

Nova da estrea de “Mar” e nota de prensa no xornal dixital Certo.

Dende o ensino para a sociedade

A falta de materiais propios, e do bo facer dos autores dos materiais que presento nesta entrada, quixera proxectar dende este caderno uns magníficos recursos para traballar a violencia de xénero nas aulas, nas bibliotecas e nos clubes de lectura, nos grupos de convivencia escolares, etc. Son, ademais, outra boa mostra do labor que veñen facendo moitos profesionais do ensino, un traballo que non sempre é recoñecido socialmente nin dende a administración, que este ano estende os recortes a todos os eidos do sistema educativo público, tamén aos programas de potenciamento da lectura e ao ensino en valores.

O primeiro é unha Guía de lectura contra a violencia de xénero que Anxo Fernández publica no blogue As Campaíñas, o clube de lectura do CPI don Aurelio de Cuntis:

O segundo é unha montaxe audiovisual que Anxo Fernández e Gracia Sanctórum nos achegan dende o seu imprescindíbel Trafegando Ronseis co ánimo de contribuír co seu gran de area a erradicar esta lacra da violencia sexista. Interesante, na liña do comentado anteriormente, é a súa presentación:

Miramos en derredor. Observamos. Procuramos solidariedade. Choramos. Enfadámonos. Publicamos. Falamos co noso alumnado. Facermos canto poidamos. A nosa meta? Un gran de area, só un gran que contribúa a erradicar unha das nosas teimas.

Mentres non saibamos respectarnos, mentres non entendamos que os seres humanos somos tod@ iguais, non existirá unha sociedade máis xusta. É o noso labor contribuír, procurala. Non desistiremos.

Vodpod videos no longer available.


Abofé que o conseguen!

“As linguas no sistema educativo”, charla informativa en Cuntis.

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística convídavos á charla “As linguas no sistema educativo”, que terá lugar na Biblioteca Municipal de Cuntis o vindeiro luns 15 de xuño ás 20:15. O profesor da Universidade de Vigo Henrique Costas, responsábel da Área de Normalización Lingüística, analizará a situación da lingua galega no ensino nun contexto no que a actual administración da Xunta de Galiza ameaza con desmantelar de maneira planificada e sen atender a criterios pedagóxicos e ao propio marco legal vixente as medidas que procuraban unha distribución equitativa das linguas oficiais como linguas de aprendizaxe e a promoción do galego na educación.

Así mesmo, e ante a distribución das famosas enquisas -carentes de rigorosidade e fiabilidade- ás familias por parte da Consellaría, esta charla completa a campaña de información que o ENDL do noso colexio emprendou o venres pasado co envío de cartas a todos os pais e nais do alumnado de Infantil e Primaria e coa distribución de material informativo entre o alumnado de secundaria ao remate das clases. Os profesores e profesoras vímonos obrigados a realizar as nosas funcións legais fóra do recinto escolar ante a censura da Consellaría de Educación, que de maneira totalmente improcedente instou á dirección do centro a tomar parte das posibles incidencias. Esta situación repetiuse nos centros da comarca onde a inspección amedrentou ao profesorado, chegando a casos directos de presión en centros de Caldas, Teo ou A Estrada.

Actos informativos noutras comarcas:

– Melide: hoxe, luns 15, terá lugar unha xuntanza aberta aos docentes, pais e nais e todos estamentos municipais ás 20:30 na biblioteca municipal.

– Vilagarcía: o colectivo CASAESCOLA convida a todos os pais e nais de Vilagarcía a participar nun acto informativo o luns 15 ás 20:00 no salón de conferencias do Auditorio de Vilagarcía para achegar información ás familias ao constatar a prohibición da inspección educativa a que o fixeran os docentes ou ANPAS nos propios centros.

Os ENDL móvense (actualización)

Alá polo comezo do curso, inauguraba unha entrada aberta neste blogue, un post que pretendía seguir actualizándose aos poucos para incluír unha listaxe de blogues, páxinas e revistas dos ENDL que nos permitisen coñecer o que os ENDL estaban a facer polo país adiante. Neste tempo houbo moitas novidades, unhas felices como a creación da Coordinadora Galega de ENDL e os primeiros pasos que propiciarán novas coordinadoras a curto prazo, como a noviña Coordinadora Terras do Umia, na que está integrado o ENDL do CPI don Aurelio de Cuntis con outros centros de Caldas de Reis, Portas e Moraña. Tamén veu a luz o Planeta ENDL, unha sinxela aplicación web que permite visualizar as actualizacións destes sitios relacionados cos ENDL e a lingua en xeral. Tamén debería ser unha boa nova o desenvolvemento dun espazo para os ENDL na web da Secretaría Xeral da Lingua Galega, mais non é tal na medida en que se advirten unhas ausencias clamorosas que só poden ter razón de ser no filtro ideolóxico establecido polos seus xestores (falo dos que mandan, non dos técnicos e técnicas deste servizo). Pola contra, o cambio de goberno na Xunta puxo en marcha un proceso de desmantelamento planificado do marco legal da lingua galega, tamén ou principalmente no ensino, no que a enquisa aos pais e nais só é un pretexto mediático para a aprobación dun novo decreto xa decidido de antemán e que  confinará a lingua galega a un lugar marxinal no noso sistema educativo.

Miremos cara a adiante, chegan tempos difíciles nos que a unión de todos os sectores educativos preocupados pola lingua obríganos a remar nunha mesma dirección conformando espazos de encontro plurais e construtivos. A rede debe servir para mellorar a comunicación entre todos nós e coñecermos o traballo que se está a facer en cada centro. En definitiva, para coñecérmonos.

Como apuntaba en novembro, na seguinte relación de blogues, webs e recursos varios non están todos os que son nin son todos os que están, de aí que vos pida a vosa axuda para que esta listaxe vaia medrando.

Coordenadoras de ENDL

Blogue da Coordenadora de Ferrolterra

Paraugas da Lingua, blogue da Coordenadora de ENDL do Barbanza

Web da Coordenadora Leixaprén de Equipos de Normalización Lingüística

Blogue da Coordinadora Comarcal Tabeirós-Terra de Montes

Sarmenteiros, blogue da Coordinadora Comarcal de Pontevedra.

Blogue da Coordinadora de ENDL de Redondela.

Web da Coordenadora Galega de ENDL

Revistas dixitais

Bico da Ría, do ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo

Graos de Corvo, do ENDL do IES Sardiñeira da Coruña

A Tabarra Dixital, revista do IES da Pobra do Caramiñal impulsada polo ENDL

Blogues

Planeta ENDL

Normalización e Dinamización Lingüística, do ENDL do IES de Culleredo

Illa dos Ratos, do ENDL do IES Coroso (Santa Uxía de Ribeira)

Na lingua de todos, do ENDL do CPI Aurelio M. Rey García (Cuntis)

No bico da lingua, do ENDL do IES da Paralaia (Moaña)

As Gabarras, do ENDL do IES de Breamo (Pontedeume)

Blogue do ENDL do CEIP Ibáñez Martín (Ferrol)

Gavieira, blogue do ENDL do IES de Elviña (A Coruña)

O castelo da lúa, do ENDL do IES Félix Muriel (Rianxo)

Clicalingua, blogue sobre lingua ligado ao ENDL do CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha)

A kacharela, do ENDL do IES Pintor Laxeiro (Lalín)

Blogue do ENDL do IES Praia de Barraña (Boiro)

Déixate de contos, do ENDL do IES de Oroso

Caghaboi, blogue do ENDL do IES Nº 1 de Ribeira

Blogue do IES Mestre Landín (Marín)

Blogue do ENDL da Escola-Fogar San José (Pontedeume)

Galeufonía, do ENDL do IES A Guía (Vigo)

Fala en Galego, do ENDL do CEIP San Martiño de Salcedo (Pontevedra)

Normalización Lingüística, do ENDL do IES LA Grande Obra de Atocha (A Coruña)

O Recuncho do Cabada Vázquez, do ENDL do CEIP Cabada Vázquez de Codeseda (A Estrada)

Blogue do ENDL do IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Galamas, do ENDL do IES Lamas de Abade (Compostela)

Blogue do ENDL do CEIP A Golada

Blogue do ENDL do IES Carlos Casares (Viana do Bolo)

Blogue do ENDL do CPI Padín Truiteiro (Soutomaior)

Blogue do ENDL do IES Castro de Baronceli (Verín)

Pedriñas, do ENDL do IES de Pontepedriña (Compostela)

Móllate coa Lingua, do ENDL do CPI de Maside

Galego no Couto, blogue do ENDL do IES do Couto de Ourense

Páxina do CEIP da Seca (Poio)

Galego Sempre, blogue do IES Luís Seoane de Monteporreiro (Pontevedra)

Blogue do IES Valle-Inclán (Pontevedra)

Balbordo, blogue do ENDL do IES Auga da Laxe de Gondomar

Normalización Fernando Esquío, blogue do ENDL so IES Fernando Esquío de Xubia (Neda)

Revista Dixital, blogue coordenado polo ENDL do CEIP Sofía Casanova (Vilaboa-A Coruña)

Sementeira Dixital, revista do CEIP de Ponzos (Ferrol)

Illa de Ons, blogue do ENDL do IES Illa de Ons de Bueu

Xanela Cachada, blogue do ENDL do IES A Cachada (Boiro)

Medrar en Galego, blogue da Coordinadora de Mestres de Educación Infantil

ENL Primeiro de Marzo, blogue do ENDL do IES Primeiro de Marzo de Baiona

Mil Primaveras, blogue de Antonio Ferrer, do CEIP da Seca – Isidora Riestra de Poio.

Galeblog, blogue do ENDL do CEIP Andrade de Pontedeume.

Normalízate, blogue do ENDL do CEIP Mestre Martínez de Mos

Tirar da Lingua, blogue de Lingua galega do CPI Monte Caxado das Pontes.

Dinamiza caramiñal, blogue do ENDL da Pobra do Caramiñal

Radio A Tabarra, audioblogue do ENDL do IES da Pobra do Caramiñal

Bou enxebre, blogue do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu

Blogue do ENDL do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras

Heroínas de Sálvora, blogue do ENDL do CEIP de Aguiño (Santa Uxía de Ribeira)

O falar non ten cancelas, blogue do ENDL do IES Lagoa de Antela de Xinzo da Limia

Páxina do ENDL na web do CPI Doutro Daniel Monje de Navia

Páxina do ENDL na web da EOI de Santiago de Compostela

Páxina do ENDL na web do CEIP Portofaro do Temple (Cambre)

Páxina do ENDL do IES Manuel García Barros da Estrada

Galego nos coles, blogue dos ENDL do CEIP Portofaro (Cambre), Sagrada Familia e Manuel Murguía (A Coruña)

Páxina do ENDL do IES Lamas das Quendas de Chantada

Viaxa con Popi, blogue conxunto da Biblioteca e o ENDL do CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas

Páxina do ENDL no web do IES de Melide

Páxina do ENDL no web do IES San Paio de Tui

Páxina do ENDL no web do IES David Buján de Cambre

Páxina do Clube da Lingua no web do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces

Nalinguadetod@s no web do CPI Aurelio M. Rey García de Cuntis

Dígochoeu, blogue do ENDL do CEIP O Milladoiro de Malpica

Normalización Ortegal, blogue do ENDL do IES Cabo Ortegal

O larchán do Cotarelo, blogue do ENDL do IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía

Dinamiza, Normaliza, blogue do ENDL do CEIP de Quintela (Moaña)

Dende A Merced falamos, blogue do CPR La Merced de Sarria

Blogue do ENDL do CEIP de Bergantiños

Fiadeiro Virtual do ENDL da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol

Blogue do Premio Literario Frei Martín Sarmiento dos ENDL da FERE

Son de poetas, antoloxía da poesía galega musicada, iniciativa do ENDL do IES David Buján de Cambre

Donsecón, blogue multidisciplinar do CEIP da Seca de Poio que inclúe unha sección do NL

Tíralle da Lingua, blogue do ENDL da EOI de Lugo

Páxina do ENDL na web do IES Lamas de Castelo de Carnota

Blogue da Silva, ENDL do CPI Cernadas de Castro de Lousame

Normalización e Dinamización Lingüística, blogue do ENDL do CEIP A Rúa (Cangas do Morrazo)

Galeguízate!, blogue do ENDL do CRA de Santa Comba

Enreda, participa, actúa, blogue do ENDL da EPAPU de Ourense

Imos indo, blogue do ENDL da EOI de Ourense

Xesteira, blogue do ENDL do CPI Virxe do Cristal de Monfero

De palique, blogue do ENDL do CIFP A Farixa

Fala en Galego en Academia Postal!!, blogue do ENDL de Academia Postal

O mego da escola, blogue da Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO de Vilafranca para a potenciación do uso do galego nos centros do ensino no Bierzo e a promoción dos Intercambios escolares Bierzo-Galicia.

As Falangueiras, blogue do ENDL do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

Normalizándonos na Ponte Carreira, blogue do ENDL do CPI Ponte Carreira.

O Recanto de Mik, blogue do CEIP Mestres Goldar de Vigo.

Galego sen Fronteiras, blogue do CEIP A Magdalena das Pontes,

Blogue do ENDL do IES de Canido de Ferrol.

Blogue do ENDL do IES A Paralaia de Moaña.

Eu que sei!, blogue do ENDL do IES Moncho Valcarce das Pontes de García Rodríguez.

Blogue do ENDL da EPA de Albeiros (Lugo).

Lingua de Montes, blogue do ENDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei.

Cousas nosas, blogue do ENDL do IES Val do Tea de Ponteareas.

Orella Pendella, web da literatura popular infantil de Galicia.

NL Campolongo, blogue do ENDL do CEIP Campolongo de Pontevedra.

Xa me entendes, blogue do ENDL do IES de Foz.

Linguason, blogue do ENDL do IES Porto do Son.

Blogue do ENDL do CEIP Antonio Faílde de Cambeo – Coles.

O Berro Seco, blogue do ENDL do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños.

Blogue do ENDL da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

Blogue do ENDL do CEIP de Covas (Viveiro).

O Choupín vello e o novo Choupín Dixital do ENDL do IES Carlos Casares (Viana do Bolo)

Sae da cuncha, blogue do ENDL do IES campo de San Alberto de Noia.

Rosais galegos, blogue do ENDL do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso (Ourense).

Imos indo, blogue do ENDL do IES Nº 1 do Carballiño.

O Colmeiro normaliza, blogue do ENDL do IES Pintor Colmeiro de Silleda. (Relacionado: Taboleiro do Colmeiro)

Blogue do ENDL do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

Tes moita lingua, blogue do ENDL do CPI Conde de Fenosa de Ares.

Bloque do ENDL do IES de Viós (Abegondo).

Á beira das palabras, blogue do ENDL do IES de Vilalonga.

Chumaceira, blogue do ENDL do IES García Barbón de Verín.

O Tic-Tac da Capela, blogue da EEI da Capela (Santa Uxía de Ribeira).

A lingua na Ponte, ponte na lingua, blogue do ENDL do CEIP da Ponte de Lugo.

Mellor en galego, blogue do ENDL do IES Sofía casanova de Ferrol.

O Fervelliño, blogue do ENDL do CEP A Xunqueira II de Pontevedra.

Blogue do ENDL do CEIP de Covas (Ferrol).

Dinamiza e Normaliza Castelao, blogue do ENDL do CEIP Alfonso D. Rdez. Castelao de Vigo.

O Galego nos coles, blogue conxunto dos CEIP Sagrada Familia, Manuel Murguía e Portofaro da Coruña.

Bouzas vizosas, blogue do ENDL do IES Audiovisual de Vigo.

Normarín, blogue do ENDL do Colexio San Narciso de Marín.

Outros materiais

Catálogo de regalos en galego do ENDL e a Biblioteca do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral

Tríptico informativo “Campaña a prol da Competencia lingüística”, Comisión de Normalización Lingüística da FERE-CECA

Tríptico-resumo das normas ortográficas do 2003, do ENDL do IES As Insuas de Serres (Muros)

Folleto de madeiras e Folleto de mobles, do ENDL do IES de Melide

Kit para a normalización lingüística, Arquivo de Sociolingüística do Consello da Cultura Galega

Campaña Chámate con Xeito da ANL da Universidade de Vigo

As linguas no sistema educativo galego, campaña da ANL da Universidade de Vigo

Vocabulario do material escolar, do ENDL do CEIP de Bergantiños

Presentación da Coordinadora de ENDL dos centros de ensino público de Redondela realizada para o II Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino (SXPL)

Recursos en galego na rede para a mocidade, do ENDL do IES de Melide

Safari Fotográfico Enfocando o Galego, do ENDL do IES As Bizocas de Ogrobe (tamén aquí).

Outras institucións e colectivos

Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela

Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

Lingua de Amor, do Consello da Xuventude de Galiza

Observatorio da Lingua Galega

Espazo para os ENDL da SXPL

Blogue do Correlingua

Falantes, blogue do Movemento polos Dereitos Lingüísticos

Plataforma Queremos Galego

Plataforma ProLingua

Plataforma Galego Sempre Máis

Plataforma Galego Patrimonio da Humanidade

Bases do Iº Concurso de Microrrelatos e do Iº Concurso de BD Terras do Umia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No blogue do ENDL do CPI don Aurelio pódense consultar as bases destes certames de microrrelatos e banda deseñada da Coordinadora de ENDL Terras do Umia. O deseño dos cartaces é obra de Lois Gil Magariños, profesor de Educación Plástica e Visual do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis.

Terras do Umia, nova coordinadora comarcal de ENDL

Tras manter varias xuntanzas en Caldas de Reis durante os meses de febreiro e marzo, os ENDL de diversos centros educativos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas decidiron crear unha nova coordinadora comarcal de equipos que se vén sumar a outras exitentes como as de Ferrolterra, O Salnés e O Barbanza.

A Coordinadora Terras do Umia quere aunar, neste primeiro momento, os esforzos que a prol da normalización da lingua galega están a facer os  equipos dos seguintes centros escolares: CEIP San Clemente, CPI Alfonso VII, CPR A Encarnación, CPR San Fermín e IES Aquis Celenis, todos eles de Caldas de Reis;  CPI Domingo Fontán de Portas; CPI Don Aurelio de Cuntis; e CPI Santa Lucía de Moraña.

A coordinadora preséntase publicamente coa convocatoria da primeira edición de dous certames, o Iº Concurso de Microrrelatos e o Iº Concurso de Banda Deseñada, unha primeira actividade conxunta que procura potenciar a creación literaria e artística en lingua galega en toda a comunidade escolar, xa que poden participar dende os alumnos e alumnas máis cativos até os seus pais e nais, o profesorado e o persoal administrativo dos centros.

Por outra banda, hai que destacar a receptividade dos concellos e de diferentes colectivos da comarca, que están a colaborar nesta primeira iniciativa cubrindo os custos da cartelaría, dos premios e da edición dos textos e tiras cómicas seleccionadas, que serán pendurados en vistosas e divertidas bandeirolas nos municipios da comarca.

 

Así mesmo, a posta en común de experiencias e actividades no seo da coordinadora permitiralle aos centros escolares compartir a mostra “As nosas linguas”, organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI Alfonso VII que coordina a profesora Ana Iglesias, ben sexa acudindo ao Auditorio Municipal de Caldas de Reis, onde se pode ver dende o 18 de marzo, ben recibíndoa nas instalacións dos propios colexios. Este é o caso do CPI don Aurelio de Cuntis, que acollerá a exposición a partir do 14 de abril.

A mostra é o resultado dun proxecto levado a cabo durante o curso pasado no centro escolar para celebrar o Ano Europeo das Linguas e na súa elaboración participou o alumnado do 2º Ciclo da ESO. Esta exposición ten por obxectivo aprender a valorar a grande riqueza lingüística e cultural do planeta, acompáñase de unidades didácticas para traballar en cada ciclo de Primaria e Secundaria e estrutúrase en catro partes: linguas de Galiza, linguas do Estado Español, linguas de Europa e linguas do mundo.

O Planeta ENDL no Galicia Hoxe

O xornal Galicia Hoxe dedica unha ampla reportaxe na súa sección “Maré” ao recén creado Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que botamos a andar dende o ENDL do CPI don Aurelio a semana pasada. Ademais de dar conta do funcionamento, dos obxectivos e dos contidos desta ferramenta, a xornalista Vanesa Oliveira recolle as declaración do coordinador do noso equipo a respecto da intención do novo goberno galego de derrogar o Decreto 124/2007.

En galego, en contacto

Con máis de 70 webs subscritas nunha semana, o Planeta de Equipos de Normalización Lingüística é unha nova ferramenta para saber “ao día todo o que acontece en relación coa lingua”

En só unha semana, máis de 70 páxinas web xa se uniron ao Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) que impulsa Román Cerqueiro, profesor no CIP Aurelio M. Rei García de Cuntis e coordinador do ENDL do centro. A partir da aplicación da rede chamada Planetaki -unha rede de actualizacións dos portais máis visitados- xúntanse nun único sitio web as bitácoras e blogs que comparten traballo en defensa da lingua. “O planeta é apenas iso: baleirar nunha mesma páxina toda a información que xeran os blogues e webs dos ENDL. Foi un compañeiro do IES da Pobra, Luciano Fernández, verdadeiro motor do ensino da lingua galega en relación coas TIC, quen falou da posibilidade de crear unha páxina deste tipo logo de que eu compilase medio cento de enderezos nunha entrada do meu blogue, o Caderno de Lingua”, explica Cerqueiro.

A idea de converxer en espazos de encontro que deran a coñecer o labor dos ENDL é “unha reflexión compartida por moitos profesionais do ensino comprometidos coa normalización do idioma”. Unha necesidade expresada nos foros nos que coinciden os traballadores dos Equipos de Normalización que desenvolven “unha programación anual de actividades que supón unha carga de traballo moi elevada e marcada por un alto grao de voluntarismo”.

Este “Planeta” de relacións permite coñecer as experiencias que se están a desenvolver noutros centros, de maneira que se constitúe nunha ferramenta co fin de “estabelecer dinámicas de cooperación para rendibilizar os recursos, especialmente, os humanos e canles de contacto estábeis”.

O Planeta funciona dun xeito sinxelo. “Abonda con entrar e deixar o enderezo”, apunta o profesor. A maioría das webs que se poden atopar son “blogues de equipos, mais tamén agregamos páxinas de referencia como as canles de lingua de Vieiros ou Chuza, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, a Coordinadora de Traballadores da Normalización da Lingua (CTNL) ou Servizos de Normalización dos concellos”. As bitácoras dos ENDL dan a coñecer as súas actividades como concursos, revistas escolares ou reflexións do alumnado pero tamén hai “un caudal importante de información sobre a actualidade da lingua, que é fundamental para mantérmonos ao día de todo o que acontece en relación co galego, dende a aparición dunha ferramenta nova até a actualidade cultural do país, pasando por reflexións de tipo sociolingüístico.”

“Non se aposta por levar a tensión lingüística á xente”

Ao ver de Román Cerqueiro, o traballo dos equipos “non pode ficar entre as paredes das escolas e dos institutos, ten que chegar na medida das nosas posibilidades a toda a comunidade escolar e ao contorno dos centros, pois realizan un labor positivo para o ­desenvolvemento educativo e cognitivo do alumnado e de toda a sociedade, que posúe na lingua galega un extraordinario valor cultural e comunicativo”. A principal eiva que invisibiliza o seu traballo reside “en nós mesmos, no feito de non apostar pola comunicación para (e)levar a tensión lingüística, en termos construtivos, á sociedade”.

Como en boa parte dos centros escolares galegos, o colexio Aurelio M. Rei de Cuntis conta dende hai máis dunha década cun Equipo de Normalización. Os alumnos deste centro “forman parte dos equipos, formulan propostas, toman decisións e participan no desenvolvemento e a recepción das actividades”, aínda que “non é sempre fácil incorporalos activamente aos proxectos”.

Nos últimos dous cursos, “vimos apostando polo traballo das competencias lingüísticas activas con obradoiros de teatro, de improvisación oral, de hip hop, organización de obradoiros de fotografía, deseño, graffitis e blogues, ademais de dotar o alumnado de competencia nas TIC”. De feito, traballan nunha rede social privada para dinamizar o intercambio co IES Lamas de Castelo de Carnota. Tamén crearon no centro unha fonoteca, unha comicteca e unha videoteca en lingua galega. “Estamos a participar na creación da Coordenadora de ENDL das Terras do Umia con centros de Caldas, Portas e Moraña”, conclúe o docente.

MEDIDA POLÉMICA
Derrogar o decreto, “unha involución”

Román Cerqueiro lembra que os ENDL “foron creados no seu día polo Partido Popular e no Decreto 124/2007, que materializa no ensino medidas recollidas no Plan Xeral de Normalización impulsado polo Goberno de Manuel Fraga e aprobado por unanimidade no Parlamento Galego en 2004, recoñécese administrativamente a figura do coordinador ou coordinadora dos equipos por primeira vez”.

O decreto do galego no ensino incorpora “a obriga de elaborar un Proxecto Lingüístico de Centro”. Por iso, Cerqueiro coida que “a promesa de Núñez Feijóo de derrotar este decreto e a súa ruptura unilateral do consenso lingüístico augura unha involución evidente”. Na súa opinión, “se un instrumento que trata de xestionar o patrimonio lingüístico dotando de competenia plurilingüística o alumnado é derrogado por Núñez Feijóo baseándose nos prexuízos, en falsidades pedagóxicas e intereses políticos dunha minoría que estabelece un lugar secundario para o galego, estará rachando a cohesión social promovendo a segregación idiomática nas escolas”.