As vangardas artísticas

Para nos achegar á obra de Manuel Antonio nas Aulas de Lingua, e como introdución á súa poesía, é preciso coñecer un pouco máis polo miúdo os diferentes movementos de vangarda a través desta presentación de Lourenço Álvarez Ruíz, do IES Manuel García Barros (A Estrada).

 

Cómpre descargala para visualizar todos os seus contidos. Nestoutra presentación de Noemí Pazó faise un achegamento ás vangardas artísticas galegas.

De quixermos facer menos ardua a presentación,  podemos realizar pequenas calas nela para elaborar un cadáver exquisito como o de Apollinaire ou seguir as instrucións de Tristan Tzara para nos converter en auténticos poetas dadaístas. Papel, tesoiras…    

Logo de visualizar este diaporama,  podemos profundizar algo máis nos movementos de vangarda cunha actividade sinxela que lle axude ao alumnado a comprender mellor a renovación experimentada no campo das artes da man dos chamados -ismos.

O obxectivo é recoñecer as características dunha determinada estética vangardista nunha obra (Por que As señoritas de Avignon é un cadro cubista?), ademais de manexar as fontes de información adecuadamente e seguir adestrándose neste curso na exposición oral dun tema. 

Tarefas (en parella):

1. Comentar unha obra de calquera escola vangardista (cubismo, futurismo, surrealismo, dadaísmo…) segundo este modelo de ficha que inclúe: título da obra, adscrición estética, imaxe, comentario artístico e valoración persoal final.

2. Exposición oral para todo o grupo na Aula de Audiovisuais.

Con estas fontes de consulta debería abondar:

– “As vangardas” na Galipedia

Dicionario de movementos artísticos

Artehistoria

– “Os novos da arte galega” en Cultura Galega e na Colección Caixanova e a Fundación Caixa Galicia.

Os resultados pódense reunir e editar por medio de diversas ferramentas web 2.0 

Comentario adicionado o xoves 03-04-08

Xano achéganos estoutra presentación, moi completa e en portugués, que inclúe algunhas actividades que poden ser adaptadas ao contexto galego. Obrigado pola ligazón, é un material óptimo.

Advertisements

5 respostas a “As vangardas artísticas

  1. Interesante proposta. E os materiais escolmados moi bos. Aínda así, permíteme que achegue estoutra presentación, en portugués e con algunhas actividades que se poden adaptar doadamente.
    A conexión entre tratamento da información e planificación da oralidade con apoio visual por medio de ferramentas informáticas paréceme óptima, sobre todo pensando na tendencia que ten boa parte do alumnado a recortar e pegar fragmentos das fontes dixitais sen chegar a comprender practicamente nada. Penso que neste aspecto aínda cómpre profundar máis e anímote a abrir un grupo de traballo na ágora que compartimos.
    Saúdos.

  2. Xa subín a nova referencia á rede e concordo contigo. O copy-paste está a facer moitos estragos entre o alumnado. Antes, cando menos, había que copiar a man e mal que ben algo entraba. Agora hai un uso totalmente acrítico da fontes de información da rede e é misión nosa encarreiralos no seu bo manexo. A este respecto, e vista a experiencia negativa dunha actividade anterior (tiñan que comprender o concepto de normalización lingüística coñecendo o que fan na práctica diversas institucións e colectivos a través do “estudo” dos seus webs), quixen que entenderan que non interesaba para nada a teoría senón o seu comentario persoal da obra da arte, apoiado (iso si) nas fontes bibliográficas, e a súa exposición. Trátase de comprender a obra e explicarlle o seu significado ao grupo. Quen mellor ca eles para “traducir” a ínformación á súa linguaxe para os seus compañeiros!

  3. Pingback: Novos recursos sobre as vangardas… e aínda máis « Caderno de Lingua

  4. Pingback: estamos secuenciando « Luzrivas

  5. Pingback: AS VANGARDAS ARTÏSTICAS « Dexo, lugar de relax

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s