Novos recursos sobre as vangardas… e aínda máis

O profesorado de Lingua e Literatura Galegas vaise sumando ás redes  cos seus blogues e materiais para as aulas. Dende o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras asómase á rede Pilar Ponte co seu blogue A profa, que ademais dos contidos da súa bitácora (véxase o traballo sobre a publicidade, as lecturas, as ligazóns a escritores galegos na rede, etc.) achéganos tres recursos imprescindíbeis.  

 

 

O primeiro deles é unha completísima unidade didáctica sobre as vangardas, que toma corpo nun blogue elaborado para esa finalidade concreta. Subtitulado “As vangardas poéticas galegas do primeiro terzo do século XX”, na súa barra lateral dereita podemos acceder aos recursos (ben organizados e secuenciados) de introdución, desenvolvemento, consolidación e reforzo e ampliación: apuntamentos, ligazóns relacionadas, autores e textos vangardistas, proposta de tarefas, materiais de apoio, índice de autores… Destacaría, ademais, o enfoque global que prima en toda a unidade para definir as mostras vangardistas da literatura galega en relación sempre cos -ismos europeos e outras manifestacións artísticas de vangarda como a pintura. Como toda unidade, incorpora o necesario aparato didáctico que a sustenta: obxectivos, criterios de avaliación, bibliografía e mesmo conexións con outras disciplinas.  O seguinte vídeo  serve de presentación á unidade e ten como fío condutor o manifesto “Máis alá”.

Entre os materiais de consolidación e reforzo, incorpora a presentación sobre as vangardas elaborada polo profesor Lourenço Álvarez Ruíz do IES nº 1 da Estrada e que xa referenciamos no Caderno de Lingua nunha entrada do curso pasado. Esta entrada é a oportunidade adecuada para achegarvos unha nova presentación deste profesor sobre as vangardas. Debedes descargala no voso computador para o seu perfecto aproveitamento xa que incorpora uns efectos que a fan inviábel para empregala a través do slideshare.

Outros dos materiais achegados pola profesora Pilar Ponte son dúas novas unidades didácticas. A primeira céntrase na obra O fidalgo e outros relatos, de Ramón Otero Pedrayo, e foi elaborada conxuntamente con Francisco Martínez Bouzas. Ao igual cá anterior, foi deseñada para a Asociación de Escritores en Lingua Galega e conta cun blogue específico.  O terceiro dos traballos de Pilar Ponte é unha unidade-blogue sobre a violencia de xénero, que desenvolve unha interesante proposta que combina a linguaxe plástica e visual coa linguaxe publicitaria de base lingüística.

Parabéns a Pilar Ponte e Lourenço Álvarez Ruíz por estas achegas que, debido a súa profundidade na abordaxe duns contidos que cada un/unha de nós pode adaptar a un curso inferior, me obrigan a inaugurar unha categoría nova neste caderno: 2º de bacharelato.

Advertisements

Unha resposta a “Novos recursos sobre as vangardas… e aínda máis

  1. Estou abraiada con tan xenerosa entrada, só me gustaría puntualizar que non traballo en Viana do Bolo, seguramente levaría a este erro a galería de fotografías que fixen alí no entroido. De momento non teño praza definitiva e este ano estou traballando no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.
    Moitísimas grazas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s