Na nosa lingua

A Asociación Cultural O Fervedoiro vén de convocar un certame para a promoción e sensibilización do galego que ten como protagonista o alumnado do CPI don Aurelio. Esta iniciativa enmárcase na Campaña de Normalización Lingüística Cuntis ’08 e conta coa colaboración dos Departamentos de Normalización e Dinamización Lingüística e educación Plástica e Visual do colexio. Quen pode participar? Rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO. Obxecto: – Elaboración de lemas e imaxes plásticas que divulguen a imaxe do galego como símbolo da nosa identidade como pobo.- Coas imaxes e lemas seleccionados editaranse uns marcapáxinas, uns autocolantes e, así mesmo, unhas camisolas, para que todos e todas nos poidamos fachendear de lingua.Premios: os/as premiados/as terán por agasallo cadanseu MP3.Até cando se poden presentar traballos? O prazo remata o 24 de abril.Dende o CPI don Aurelio queremos agradecer o traballo a prol do galego do Fervedoiro e a súa vontade de crear dinámicas de colaboración con outras entidades e institucións do Concello. Iniciativas coma estas que nacen do tecido asociativo do país son fundamentais para recuperar a tensión social arredor da lingua porque o galego é cousa de todos/as.CÓMPRE PARTICIPAR, CÓMPRE ENCHER A TERRA DE LINGUA!!!

ferve

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s