Telexornal Valentín Vaz Andrade e aínda máis

Non podían faltar á cita anual das Letras Galegas os compañeiros Luís Aldegunde (CPI Os Dices de Rois) e Sara Paz (CPI de San Vicente da Baña) coa súa contribución audiovisual á divulgación do autor homenaxeado. Desta volta agásallannos con tres traballos sobre Valentín Paz Andrade que, repetindo a estrutura de anteriores entregas, como as que realizaron para Uxío Novoneyra e Lois Pereiro, inclúen este ano unha proposta orixinal, fresca, dinámica e de moi boa factura, un Telexornal Paz Andrade, que conta coa participación de escolares da ESO que o bordan nos seus papeis de presentadora e correspondentes.

O documental Compromiso con Galicia e e o vídeo divulgativo Paz Andrade, supervivente, que contan coa participación de Afonso Paz-Andrade Rodríguez, Tucho Calvo e Camilo Nogueira, completan este ciclo audiovisual de máis de 40 minutos de duración.

Parabéns -unha vez máis- aos autores.

Engádega 26-04-2012

Loli Cid Cid publicou no seu blogue dous cuestionarios de verdadeiro e falso sobre os traballos Compromiso con Galicia e Telexornal Paz Andrade. Estes son o tipo de traballos que crean comunidade na rede. Moitas grazas!

2 respostas a “Telexornal Valentín Vaz Andrade e aínda máis

  1. A min tamén foron os que máis me gustaron. EStán moi claros e resumen a grandes trazos sen liar demasiado a cabeza de quen os ve.
    No blog deixei ficha con preguntas sobre os dous documentais, a ver se vos son útiles.
    saúdos

  2. Pingback: Telexornal Vidal Bolaño e documental sobre a súa obra | Caderno de Lingua

Deixar un comentario