A imaxinación ao poder: lipdub do IES Fontem Albei da Fonsagrada

Recén saído do forno chega o lipdub que o Grupo de Traballo da Biblioteca do IES Fontem Albei de A Fonsagrada realizou como unha actividade para a Formación de Usuarios co obxectivo de explicar, nada máis e nada menos, que a C.D.U. Ademais de integrar as TIC, este traballo serviulles, tal e como afirman na súa canle de Youtube, para lograr a implicación da comunidade educativa nun proxecto común e fomentar a participación, e o bo ambiente, tan necesario, entre todos e todas.

Vodpod videos no longer available.

3 respostas a “A imaxinación ao poder: lipdub do IES Fontem Albei da Fonsagrada

  1. Non quero quedar de repugnante e máis falando dun traballo que sen dúbida está aí. Mais…non debemos esquecer que un lip dub é a dramatización en play back dunha canción. Un lip dub é unha “dobraxe cos beizos”, que pode ser acompañada ou non de coreografía, caracterizacións, vestiario…
    E digo isto por que este non é o primeiro exemplo de lip dub no que a dobraxe está case ausente. Desta maneira, na miña opinión, unha parte importante do potencial que ten a iniciativa: a “representación” dunha idea, dun texto e dunha intención, todo o que está nunha canción, pérdese. O que ao final queda é un exercizo (meritorio, e que non se enfaden conmigo en A Fonsagrada, por favor) no que falta o esencial: o camiño de ida e volta.

  2. Seso, precisamente andabamos comentando iso agora por aquí, xa que a “dobraxe” queda nun segundo ou terceiro plano, oculto tralo obxectivo (dinamizar a biblioteca e formar os lectores no manexo da CDU) e a coreografía e o fío narrativo da montaxe. Nós, que lle temos ganas ao lipdub, non acabamos de botarnos a el.

  3. Eu non sei moi ben que é iso do lib dub, pero encantoume toda a escenificación e os obxectivos da mesma. Ademais, para min, todo o que veña do Instituto máis alto de Galicia ten un valor especial. Viva A Fonsagrada!!! (e o butelo, claro!)

Deixar un comentario