Bótame na pota… ou os larpeiros do Colmeiro

Grazas aos amigos e amigas da Mesa de Ourense, souben dunha interesante iniciativa do ENDL do IES Pintor Colmeiro de Silleda que, de seguro, vai espertar a larica dalgúns de vós. Bótame na Pota é unha actividade normalizadora na que os rapaces e rapazas, o profesorado ou as familias explican ante as cámaras como facer unha receita ao máis puro estilo larpeiro co obxectivo de divulgar o vocabulario gastronómico en galego. Ao ritmo dunha receita mensual, non quedará prato de tempada nin sobremesa típica que se lles resista aos larpeiros do Colmeiro. Desta volta si que se poderá afirmar, e con fachenda, aquilo de “sentir o galego no bandullo” ou “o galego, a pedir de boca”.

Sen dúbida ningunha, trátase dunha actividade orixinal e creativa que combina a dimensión educativa (traballo co léxico e manexo dos textos instrutivos, uso do rexistro oral da lingua, integración das novas tecnoloxías, etc.), un forte potencial para implicar a comunidade educativa e proxectarse no contorno do centro e unha innegábel e atractiva compoñente lúdica. Se alguén precisa máis información, pode contactar co ENDL do IES Pintor Colmeiro no seguinte enderezo: normalizacion@iespintorcolmeiro.org.

E, para comezar abrindo o apetito, un marmitako:

Vodpod videos no longer available.

more about “O marmitako de Andrea“, posted with vodpod

2 respostas a “Bótame na pota… ou os larpeiros do Colmeiro

  1. Promete, si. Ten todos os ingredientes para ter suceso.

  2. Vaia se promete. É unha idea moi orixinal.

    O mellor de todo a parte do “marmitako”(prato galego onde como o que máis) é o peculiar estilo do axudante de cociña. Ten un estilo peculiar de presentar.Iso si, con moita rigor e seriedade ante todo.

    AUPA “ELI” os teu alumnos non nos olvidamos de ti(eu polo menos).

    Sen máis dilacións despidome.xD

    Aver cando sae a próxima entrega.

    PD:alegrame saber que aínda se fan iniciativas orixinais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s