Nova coordinadora comarcal de ENDL

Dende A Estrada e a Terra de Montes chega unha boa nova, a constitución da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de Tabeirós – Terra de Montes (CENDL de Tabeirós – Terra de Montes), conformada polos Equipos de Normalización Lingüística dos seguintes centros educativos: IES Antón Losada Diéguez da Estrada, IES Chano Piñeiro de Forcarei, IES García Barros da Estrada, IES Nº 1 da Estrada, CEIP Cabada Vázquez de Codeseda (A Estrada), CEIP de Figueroa da Estrada, CEIP Manuel Villar Paramá de Vea (A Estrada), CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei e  CEIP Pérez Viondi da Estrada.

Polo San Martiño, máis ENDL ao camiño!

Deixar un comentario