De fel e mel, con pólvora e magnolias…

Con motivo da homenaxe nacional a Xosé Luís Méndez Ferrín, recupero o poema “Intifada” que, aínda que foi recollido no libro Era na selva de Esm (2005), lembro pendurado na porta do cuarto do meu compañeiro Xurxo alá polo ano 98 ou 99 en Compostela. De tanto pasar por diante acabei por memorizalo durante un tempo, supoño que me prendeu pola forza apostrofada dos seus versos.

 

 

Nin mel, nin dátiles, nin leite.
Apaña, mozo pedras
do granito de Derry en Cangas.

Que Rentería che poña vésporas nos ollos.

Alí está a svástica
de David, vergoña.
Que o deserto e os seus xenetes mortos
veña no teu socorro, mozo.
Apaña pedras, fillo,
e quéntaas entre a camisola e o ventre.
Leve o cantazo
cheiro nas súas micas a árabe colérico.
Non collas, mozo, rosas;
nin as escuras de Damasco nin as macias de Alexandría,
rosas sen arrecendo.
Pilla pedras, adolescente de nardo que non escancia copas
e ningunha qasida.
Érguete, sigue, bate, abáteos, insurrecto.
Expulsa Sión de Celanova,
mozo nacional-popular de Palestina escrava.
Nin mel, nin dátiles, nin leite.
Dispara, mozo, pedras.

 

En Cuntis celebramos o Día da Paz durante toda a semana pasada centrándonos no conflito palestino-israelí. Houbo tempo para o fel (a crúa realidade imponse) mais primou, sobre todo, a reflexión e un aplauso final do alumnado da ESO ao remate da proxección do documentario Promises, que fechou a efeméride. Na páxina do colexio Heladio colgou esta crónica, na que destacaría as “apertas de balde” que repartiron o venres a mestra Julia e os seus cativos e cativas de primeiro… Recomendo poñer en práctica este tratamento en todos os colexios, os seus efectos terapéuticos son inmediatos. Parabéns, Julia.

Advertisements

3 respostas a “De fel e mel, con pólvora e magnolias…

  1. Román apertas sempre sempre sí, que non queden só nun día.Grazas polos teus comentarios,só añadir unha cousiña máis: tamén hai apertas doutros xeitos…e ti sabelas dar moi ben.Bicos

  2. Cando estas conmemoracións serven para facer máis visíbeis e tornar colectivos esforzos anteriores, si teñen sentido. Parabéns ao centro por esas iniciativas exitosas. Especialmente pola proxección de Promises, que fai entender moi ben a necesidade de romper ese muro e abrir esperanzas á coexistencia.
    Saúdos.

  3. Cando estas conmemoracións serven para facer máis visíbeis e tornar colectivos esforzos anteriores, si teñen sentido. Parabéns ao centro por esas iniciativas. Alégrome polo éxito da proxección de Promises, que fai entender moi ben a necesidade de romper ese muro e abrir esperanzas á coexistencia.
    Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s