Arquivo por etiquetas: xéneros profanos

Literatura trobadoresca galego-portuguesa: esquemas dos xéneros profanos.

Ilustración de Antón García Patiño sobre a cantiga “Levantou-s’a belida”, de Don Dinis.

Traio hoxe ao Caderno de Lingua as fichas de apoio da literatura medieval galego-portuguesa para 3º da ESO. Son esquemas de cada un dos xéneros da lírica profana que recollen as características esenciais das nosas cantigas medievais.

Achego tamén o traballo Un feixe de respostas simples a preguntas simples sobre a lírica galego-portuguesa elaborado polo Departamento de Lingua Galega do IES As Lagoas. Pódese consultar directamente na antiga web do centro ou baixar en formato PDF lixeiramente modificado para as miñas aulas.

Entradas relacionadas:

Como se facían os manuscritos medievais?

Cantigas de Martin Codax