Arquivo por etiquetas: Ticblog

Recursos sobre Xosé María Álvarez Blázquez

A unha semana da celebración das Letras Galegas, toca facer balanzo dos recursos que estas semanas foron aparecendo na rede arredor do escritor homenaxeado este ano e que fomos recollendo dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI don Aurelio. Gustaríame agradecer dende o Caderno de Lingua o labor de difusión que está a facer o compañeiro Alberto Armada tanto no seu blogue como na web dinámica do noso colexio, que el se encarga de actualizar incansabelmente. 

Seguro que estes traballos supoñen a penas unha parte ínfima dos que circulan pola rede e nos centros educativos. Os nosos parabéns a todos eles, especialmente ao profesorado de Infantil e Primaria que está a traballar arreo no aproveitamento educativo das novas tecnoloxías.

Mentres comezaba a escribir este post, Alberto acaba de elaborar un espléndido mapa de recursos coa aplicación Cmap (premer na fotografía):

cmap

Só nos resta sumar un novo xogo elaborado por Antón Vicente:

xogo

Ticblog

wiki

Ticblog, a bitacora que xestiona o noso compañeiro Alberto Armada, cumpre dous meses. Máis de 50 páxinas, a actualización diaria ou unha clasificación temática nunha vintena de categorías que atinxen as diferentes áreas e ciclos educativos dan boa conta do seu empeño por introducir as novas tecnoloxías no CPI don Aurelio de Cuntis.  

O labor de Alberto tamén evidencia as carencias que o noso sistema educativo amosa neste campo ao ser quen de tirar cara a adiante sen os recursos debidos e unha limitadísima dedicación de 2 horas como responsábel das TIC no centro. No entanto, e sen deixar de facerse necesarias as súas reflexións sobre esta problemática, as case 8000 visitas que atesoura en apenas dous meses, o apoio que atopamos os/as compañeiros/as para botar a andar os nosos propios blogues e, especialmente, as posibilidades que o uso das novas tecnoloxías lle abre ao seu alumnado xa pagaron a pena.

Parabéns, Alberto.