Vodpod videos no longer available.
Poñémonos ao día con recursos para traballar a lectura que foron dispostos na rede por compañeiros e compañeiras, aos que xa recorramos para outros títulos literarios aquí e aquí. Desta volta, clasificámolos segundo a súa diferente natureza:
Unidades Didácticas
Pilar Ponte achéganos unha unidade didáctica para traballar A cova das vacas mortas, de Santiago Jaureguizar, que podedes atopar no seu blogue, A Profa, que recomendamos vivamente. No Espazo Didáctico da web da AELG Concha Blanco pon á nosa disposición a unidade didáctica de Gatos e leóns, de Neira Cruz.
Cuestionarios
Dende o blogue de Caladiños, o amigo Heladio Anxo Fdez. Manso achégalle ao seu alumnado o cuestionario de Enderezo descoñecido, a novela curta de Kressman Taylor que xa é unha referencia habitual nos clubes de lectura e nas aulas de Lingua Galega e Ciencias Sociais.
Guías de lectura
N’A Revolta da Freixa, un blogue no que a literatura ocupa un lugar fundamental, atopamos un bo número de guías de lectura, compostas por reseñas, notas das editoriais, recensións cinematográficas se as houber, referencias biográficas dos autores, etc. dos seguintes títulos:
Guía d’A pista de area, de Andrea Camilleri.
Guía d’A noite d’O risón, de Gonzalo Moure.
Guía d’A vida interior de Martin Frost, de Paul Auster.
Guía de Cardume, de Rexina Vega.
Guía un, dous, tres e catro d’O muiñeiro ouveador, de Arto Passilinna.
Guía de Sarou, de Ramón Caride.
Guía d’O O frío azul, de Ramón Caride.
Aproximacións globais á obra
Ollos de auga, de Domingo Villar, no blogue Revolta da Freixa.
- Cuestionario
- Guía
- Test de léxico un, dous e tres
O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, no blogue Revolta da Freixa.
- Cuestionarios un e dous
- Miniquest do relato “Amor de agosto”
- Guías un, dous, tres, catro e cinco
- Test de léxico un e dous
Onde o aire non era brisa, de María Victoria Moreno, no blogue Revolta da Freixa.
A pomba e o degolado, de Fina Casalderrey, no blogue Revolta da Freixa.
- Cuestionario
- Guía
- Test de léxico un e dous
Poetízate, de Fran Alonso.
- Guía de traballo, no blogue de aula Galnarciso, do IES San Narciso de Marín.
- Guía de traballo, na páxina do Departamento de Lingua Galega do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.
- Guía de Traballo elaborada por Carlos Negro, do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro.
- Guía de Traballo elaboarda por Rosa Salgueiro, do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.
Para rematar, non quixeramos despedir este post sen recomendar no ámbito da promoción da lectura a sección “Noticias de literatura”, que neste momento acada a entrega nº 73 n’A Revolta da Freixa, unha auténtica fonte de información da actualidade literaria galega, ademais do indispensábel e incansábel Trafegando Ronseis.