Arquivo por etiquetas: os vellos non deben de namorarse

Nova entrega de Flocos de Millo: “Os vellos non deben de namorarse”

Chega a segunda entrega das reseñas audiovisuais da booktuber Flocos de Millo, Os vellos non deben de namorarse, unha obra que a nosa alumna viu no curso pasado en versión para títeres de Fantoches Baj. Agradecémoslle a Iria este contributo ao Ano Castelao, que remata este mes coa gala que terá lugar o vindeiro 18 de decembro en Pontevedra.

Advertisements

Parabéns ao Grupo de Teatro do CPI don Aurelio

O Grupo de Teatro do CPI don Aurelio representou o Primeiro Lance d’Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, o pasado venres 23 de maio. O grupo de alumnos e alumnas que dirixe o profesor José Rivas Espiño, do Departamento de Lingua Galega, fixo nada máis e nada menos que tres pases ao longo do día na Biblioteca do colexio. Grazas ao bo facer de Heladio, como fotógrafo e mais como profeTIC, velaquí temos a crónica en imaxes da representación. Parabéns a todo o grupo:

BOTICARIO: Antonio Chedas
LELA: María Xosé Arca
CARABINEIRO: Sergio Castromán
A MORTE: Pedro Ortigueira
IRMÁ I: Vanesa Fuentes
IRMÁ II: Andrea Vázquez
IRMÁ III: Patricia Vázquez
IRMÁ IV: Carmen Miranda
MULLER I: Xosé Antón Domínguez
MULLER II: Vanesa Míguez
MULLER III: Diana Rey
APUNTADORA: Lucía Villaverde
SELECCIÓN MUSICAL: Xosé Antón Méndez
ENCARGADOS SON: X. Manuel Correa, Toño Casais
DECORADOS: Eusebio Rivero
COLABORADOR ESPECIAL: Francisco Campos
COLABORADORES: María Riveiro, Damián Zas
DIRECCIÓN: JOSÉ RIVAS