Arquivo por etiquetas: orgullo

A Lingua sabe a Pan!, lipdub do CPI Virxe da Saleta de Cea

Vodpod videos no longer available.

Aí queda iso!

Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.

E tamén en MP3 para descargar aquí e en versión instrumental para karaoke por se non abondaba. 

Orgullos@s da lingua de noso

Vodpod videos no longer available.

more about “orgullo“, posted with vodpod

Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego, unha campaña para mostrar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, somos moitos e moitas os que estamos orgullosos de termos unha lingua propia. Aquí encontrarás videos, materiais para imprimir e distribuír como queiras, cando queiras e con quen queiras, e moitas, moitas persoas coma ti que presumen da nosa lingua, do galego.