Arquivo por etiquetas: Morning Star

Guión de traballo de “Morning Star”, de Xosé Miranda.

Xa podedes descargar o guión de traballo da novela Morning Star, de Xosé Miranda, lectura obrigatoria do segundo trimestre. A data límite de entrega é… pois tedes que entregalo antes de que marchedes de excursión de fin de curso, ou sexa, o 14 de maio.

Lembrade que tedes á vosa disposición unha listaxe de lecturas voluntarias, ou mesmo outras do voso parecer acordadas previamente, para ler até finais do trimestre.

Guión de traballo de Morning Star.

Posteado tamén en Seica chove no patio?