O Miraxes do pasado sábado 19 achegounos dende as augas da ría de Vigo a Isga Collective, un proxecto interdisciplinar que aúna música, danza, videocreación e poesía. “A redeira”, o seu primeiro traballo publicado en 2005, inspírase nas cantigas de Martin Codax nunha combinación de vangarda e tradición musical que envolve de contemporaneidade a lírica medieval.
A redeira é a primeira referencia discográfica editada baixo o selo vigués Sul Producciones e o espectáculo púidose ver en citas como o Ciclo Martin Codax no Verbum xunto a outros traballos como a vídeo creación Sete cantigas, sete mulleres, ou a Gala Implicate!
O colectivo, formado por Isaac Garabatos, Mónica de Nut, Jesús Andrés, David González, Lorena Freijeiro e Patricia Argüelles, xa anda a traballar nun novo proxecto arredor das poetas galegas. A súa páxina ten unha sección de descarga de vídeos e temas como:
“Lúa”
“Ai ondas”
Entradas relacionadas:
Outros recursos: