Arquivo por etiquetas: Marilar Aleixandre

No Día Mundial da Poesía, haikus para Xapón

Dende As Zocas Faladoras, o blogue da Biblioteca do IES de Poio, convídannos a sumarnos ao Día Mundial da Poesía elaborando haikus en homenaxe ao pobo xaponés, como xa fixeron na Aula de 6º B do CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo (Culleredo) a través da aplicación linoit (panel de anuncios colaborativo).

Dende o Caderno de Lingua animámosvos a que, ademais de compoñer haikus  en galego, llos fagades chegar aos galego-xaponeses Tadashi Yamamoto, a través dos comentarios deste artigo do blogue Fala Londres; Masashi Oki, por medio do seu propio blogue Imos a Galicia (ou ガリシア); e a Takekazu Asaka, embaixador da lingua galega no país nipón, ao que xa nos encargaremos remitirllos dende aquí mesmo. Nos últimos días puidemos seguir de primeira man, tamén en galego, as súas vivencias e reflexións tras a traxedia que vive o seu país e as súas xentes (aquí e mais aquí).

Se queredes ler haikus, na literatura galega temos exemplos en Uxío Novoneyra, Helena Villar Janeiro, O Leo, Marilar Aleixandre, Xoan Abeleiraoutros autores e colectivos poéticos. Tamén nos centros escolares se traballa esta modalidade poética, e con bos resultados, como no I Concurso de Haikus do Val Miñor organizado polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e Departamentos de Lingua Galega dos IES Auga da Laxe, Escolas Proval, Terra de Turonio e Val Miñor.

Guións de traballo de ‘O único que queda é o amor’ e ‘A Cabeza de Medusa’

Dous títulos que seguen a espertar o interese do alumnado curso tras curso son O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, e A Cabeza da Medusa, de Marilar Aleixandre, novela que repite tanto nas aulas como nos clubes de lectura como un valor seguro. Do último boletín de lectura entregado en 4º da ESO foron varios os alumnos e alumnas que os escolleron e que pediron os seguintes guións de traballo.

Guións de traballo para lecturas optativas (4º ESO)

Para os/as que xa están a ler ou leron algunha das lecturas optativas e solicitaron un guión de traballo para elas neste segundo trimestre do curso:

Guión de traballo de Aire negro, de Agustín Fernández Paz.

Guión de traballo de Rúa Carbón, de Marilar Aleixandre.

Guión de traballo da novela “A banda sen futuro”, de Marilar Aleixandre.

Está á disposición do alumnado de 3º da ESO o guión de traballo d’A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre, lectura obrigatoria do segundo trimestre. A data límite de entrega é o xoves 21 de febreiro.

Con carácter optativo, podedes escoller outras obras de lectura de entre as que aparecen na listaxe de lecturas voluntarias entregada a comezos de curso.

Guión de traballo d’A banda sen futuro.

Posteado tamén en Seica chove no patio?