Arquivo por etiquetas: Jordi Sierra i Fabra

Guión de traballo de “Do outro lado do espello”

Xa podedes descargar o guión de traballo da lectura obrigatoria de Lingua Galega para o segundo trimestre. A data límite de entrega é o venres 22 de febreiro. Canto antes entreguedes o traballo, teredes máis tempo para melloralo se fose preciso.

Lembrade que, amais deste libro obrigatorio, tedes á vosa disposición unha listaxe de lecturas voluntarias. E aínda outra posibilidade: propoñerlle ao profesor unha obra -que non apareza nesa listaxe- escollida por vós.

Guión de traballo de Do outro lado do espello.

Posteado tamén en Seica chove no patio?, blogue de 4º da ESO do CPI don Aurelio de Cuntis.