Arquivo por etiquetas: IES María Soliño

Presume de Galego

A Coordinadora Galega de ENDL convídanos a partillar esta mensaxe de orgullo lingüístico máis alá do 17 de maio:. O traballo audiovisual é obra do Canal Artes Plásticas, ou o que é o mesmo, do profesor Joseba Plazuelo e o seu alumnado do IES María Soliño de Cangas do Morrazo:

Contamos con vós para que esta mensaxe non se destrúa automaticamente en cinco segundos.

Contamos con vós para instalar no Sistema un virus positivo, coa lingua na boca e un sorriso nos beizos.

Contamos con vós para que a nosa mensaxe salte por todos os medios a todos os medios.

Contamos con vós porque o 17 de maio non é a meta, senón a liña de saída.

Guía para a lectura de ‘A Esmorga’

Marlou achéganos esta interesante presentación elaborada para a lectura e interpretación d’A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor, a partir da guía que sobre a novela publicou Manuel Forcadela en 1991 en Edicións do Cumio. Para un correcto visionado e uso da presentación recoméndase a súa descarga:

Para contextualizar a narrativa galega de posguerra, podemos botar man das seguintes presentacións de Xenma Fernández e  do Departamento de Lingua Galega do IES María Soliño, ambas as dúas almacenadas tamén no Grupo LGL de slideshare:

A Concellaría de Educación de Ourense oferta unha visita guiada polo percorrido da Esmorga dirixida ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.