No primeiro trimestre publicaba unha selección de recursos sobre a lírica trobadoresca que acostumo a empregar nas aulas para acompañar unha proposta de comentario de cantigas. Cómpre agora unha nova actualización daquela entrada para traer ao blogue unha presentación de diapositivas moi completa (orixe, cronoloxía, autores e intérpretes, códices e xéneros maiores profanos, con abundantes exemplos de tópicos temáticos e recursos formais) asinada polo usuario de slideshare Vinseiro. Semella que este traballo terá continuidade nunha segunda parte para atender ao cancioneiro relixioso e aos xéneros menores.
Así mesmo, recomendo tamén considerar os materiais do colega portugués blog12cad:
- Quadro-síntese
- Comentarios de Dona fea e Roi Queimado morreu de amor
- Comentario de Senhor, eu vivo coitado
- Comentario de Quer’eu em maneira de proençal
- Comentario de Pois as nossas madres van a San Simón
- Comentario de Ai flores, ai flores do verde pino
- Comentario de Como eu vivo coitada
- Comentario de Ondas do mar de Vigo
Por último, completamos a escolma con estoutro diaporama sobre os tópicos de amor elaboarda no IES de Tomiño: