Arquivo por etiquetas: Grupo de Música Antiga Martin Codax

Cantigas de Martin Codax

Logo de que o grupo de 2ºAE vise durante as primeiras semanas de curso a Lírica Galego-Portuguesa Medieval, agora é a quenda dos grupos de 3º. É ben sabido que as cantigas naceron para seren cantadas mais os nosos cancioneiros medievais carecen de notación musical. Houbo que agardar á azarosa descuberta do Pergamiño Vindel en 1914 para coñecer as únicas mostras que se encontraron até hoxe da canción profana galaico-portuguesa xunto coas sete cantigas de amor de Don Dinís achadas no Pergamiño Sharrer.

vindel

Para facérmonos unha idea de como poderían soar as cantigas na altura, o Grupo de Música Antiga Martin Codax interpreta a cántiga “Mandad’hei comigo”.

Mandad’hei comigo
ca ven meu amigo:
e irei, madr’, a Vigo!

Comigu’hei mandado,
ca ven meu amado:
e irei, madr’, a Vigo!

Ca ven meu amigo
e ven san’e vivo:
e irei, madr’, a Vigo!

Ca ven meu amado
e ven viv’e sano:
e irei, madr’, a Vigo!

Ca ven san’e vivo
e del-Rei, amigo:
e irei, madr’, a Vigo!

Ca ven viv’e sano
e del-Rei privado:
e irei, madr’, a Vigo!