Arquivo por etiquetas: David Pérez Iglesias

Idioma

Idioma_odavide

Pasan os días e sigo rillando unha e outra vez neste texto do amigo David. Non hai codia ningunha nel, todo é miolo.

Medo

Logo de moito traballo e moita ilusión, o verdadeiro motor dos soños, chega á rede o último froito do proxecto SonCine, unha humilde utopía escolar feita realidade no Instituto de Porto do Son.

Vodpod videos no longer available.

more about “Medo“, posted with vodpod

medo from SonCine on Vimeo.

Lemos na canle de SonCine:

é unha curta de medo / morre ata o apuntador / o profe di que cando matas un personaxe é que non sabes que facer con el / fixémola rapaces de 3º de ESO / o profesor di que o que importa é facer; que se non fas é como se non non soubeses; el di: saber é unha acción; e berramos acción canto quixemos / tamén di que o resultado é importante pero que moito máis o son os riscos que asumes e o que aprendes dos erros / se o mira por aí imos levar unha nota moi alta porque erros hai a mancheas / quizais por iso o puxemos (ao profe) nesta curta de profesor… fantasma

Gustoume andar preto desta xente durante este curso que xa vai chamando polo verán.