Arquivo por etiquetas: cantigas medievais galego-

Actualización de materiais sobre lírica medieval galego-portuguesa

No primeiro trimestre publicaba unha selección de recursos sobre a lírica trobadoresca que acostumo a empregar nas aulas para acompañar unha proposta de comentario de cantigas. Cómpre agora unha nova actualización daquela entrada para traer ao blogue unha presentación de diapositivas moi completa (orixe, cronoloxía, autores e intérpretes, códices e xéneros maiores profanos, con abundantes exemplos de tópicos temáticos e recursos formais) asinada polo usuario de slideshare Vinseiro. Semella que este traballo terá continuidade nunha segunda parte para atender ao cancioneiro relixioso e aos xéneros menores.

Así mesmo, recomendo tamén considerar os materiais do colega portugués blog12cad:

Por último, completamos a escolma con estoutro diaporama sobre os tópicos de amor elaboarda no IES de Tomiño:

Advertisements