Arquivo por etiquetas: cantigas de amigo

Proposta de comentario literario para unha cantiga medieval

Actualizamos os recursos sobre a literatura medieval con esta proposta de comentario literario para as cantigas coa intención de saír dos comentarios guiados con preguntas que se adoitan realizar neste nivel.

Ao mesmo tempo, acompañamos esta modesta achega con materiais de referencia de elaboración allea, en concreto da incansable Sofía Rama e de Ana Martíns.

Da primeira compañeira, á que lle agradecemos a inxente cantidade de materiais, recursos e propostas de calidade que partilla na rede con toda a comunidade LGL e os Equipos de Normalización Lingüística, traemos aquí unha presentación xeral sobre a literatura medieval da que destacaría a súa dimensión visual, importante para comprender os recursos formais:

Este traballo compleméntase co desenvolvemento do tema en formato textual e con esta proposta de esquema dese tema (que vén moi ben para traballar as tñecnicas de estudo e mesmo a análise de textos expositivos). Pasando xa ás cantigas de amigo, destacariamos, ademais dunha selección de textos de Sofía Rama,  outros dous diaporamas sobre este xénero. Por unha banda, da mesma profesora temos unha presentación xeral que achega dúas interesantes relacións das cantigas de amigo coas carxas e co “neotrobadorismo” do Colectivo Ronseltz e mais Antón Reixa, ademais da xa mencionada achega visual aos recursos formais.

Por outra banda, Ana Martíns é autora deste traballo que se detén na tan interesante e suxerente simboloxía presente nas cantigas de amigo:

Non queda máis que agradecerlles a contribución a amabas e lembrar outras entradas anteriores relacionadas con esta temática:

Para descender a un nivel máis especializado, na páxina do Grupo de Investigación Lingüística e Literatura Galega ILLA dungha completa listaxe de recursoe en liña.