Naceu Ágora rede, unha rede social que pretende aunar esforzos individuais para compartir experiencias e converxer en proxectos comúns no ámbito do ensino galego. Coma as crianzas, a criatura está a dar os seus primeiros pasos e é cousa de collerlle as manciñas para axudala a andar.
En Remexer na lingua e Ticblog xa lle deron as primeiras papas.
