Flocos de Millo: ela é booktuber

Recén saída do forno, e aínda co arrecendo tenro do pan fresco, chega a primeira recensión en vídeo dunha novela da nosa Flocos de Millo, Iria Vázquez (4º ESO B), que se estrea como booktuber na súa canle de Youtube con Agosto do 36.

O mérito é seu, que entre diferentes posibilidades que lles dei -apenas comentada moi por riba cun exemplo: Made in Galiza, por Sebas G. Mouret- para se saír do tradicional traballo escrito sobre unha lectura de clase escolleu esta. Hai outra reseña do curso pasado sobre Unha estrela no vento, de Nico (Nicolás Porto), mais ten que pasar polo taller de edición. Moitos parabéns a ambos por se saíren do rego e ter iniciativa para probar novas fórmulas!

O fenómeno dos booktubers procede do mundo anglosaxón pero chegou con forza ao ámbito hispánico a través dos países sudamericanos, como soe pasar con moitas  tendencias deste tipo. Neste artigo de Ramón Nicolás no seu Caderno da Crítica e nestas aproximacións da prensa (unha e dúas), hai exemplos dabondo para se mergullar no fenómeno Booktuber. Algo máis:

Haberá que explorar máis en serio esta ferramenta como canle de difusión da literatura no ensino e como recurso para estimular a comunicación e a creatividade na materia de Lingua.

3 respostas a “Flocos de Millo: ela é booktuber

  1. Parabéns pola entrada, coma sempre, interesante e cargadiña de contidos, vaime vir moi ben, aforráchesme o traballo para o segundo trimestre😀
    Xa felicitei a Iria na canle, aí hai madeira!
    Bks.

    • Por certo, no lector de feeds tes a antiga localización da Profa, a nova é http://aprofa.gal/ por se a queres cambiar.

      • Grazas, Pilar, por animar a Iria para que siga esta liña que ensaiamos por primeira vez. Teño que actualizar o blogue, non só os feeds, senón darlle unha renovación total.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s