Proposta de comentario literario para unha cantiga medieval

Actualizamos os recursos sobre a literatura medieval con esta proposta de comentario literario para as cantigas coa intención de saír dos comentarios guiados con preguntas que se adoitan realizar neste nivel.

Ao mesmo tempo, acompañamos esta modesta achega con materiais de referencia de elaboración allea, en concreto da incansable Sofía Rama e de Ana Martíns.

Da primeira compañeira, á que lle agradecemos a inxente cantidade de materiais, recursos e propostas de calidade que partilla na rede con toda a comunidade LGL e os Equipos de Normalización Lingüística, traemos aquí unha presentación xeral sobre a literatura medieval da que destacaría a súa dimensión visual, importante para comprender os recursos formais:

Este traballo compleméntase co desenvolvemento do tema en formato textual e con esta proposta de esquema dese tema (que vén moi ben para traballar as tñecnicas de estudo e mesmo a análise de textos expositivos). Pasando xa ás cantigas de amigo, destacariamos, ademais dunha selección de textos de Sofía Rama,  outros dous diaporamas sobre este xénero. Por unha banda, da mesma profesora temos unha presentación xeral que achega dúas interesantes relacións das cantigas de amigo coas carxas e co “neotrobadorismo” do Colectivo Ronseltz e mais Antón Reixa, ademais da xa mencionada achega visual aos recursos formais.

Por outra banda, Ana Martíns é autora deste traballo que se detén na tan interesante e suxerente simboloxía presente nas cantigas de amigo:

Non queda máis que agradecerlles a contribución a amabas e lembrar outras entradas anteriores relacionadas con esta temática:

Para descender a un nivel máis especializado, na páxina do Grupo de Investigación Lingüística e Literatura Galega ILLA dungha completa listaxe de recursoe en liña.

5 respostas a “Proposta de comentario literario para unha cantiga medieval

  1. Cada vez que vexo falar de cantigas venme á cabeza este portal:
    http://cantigas.fcsh.unl.pt/

  2. Grazas, Cibrán! De feito, procurando esa páxina que citas cheguei a esta listaxe de recursos: http://glossa.gal/recursos.

  3. Gran traballo. Grazas

  4. Graciñas polo traballo unha vez máis. Eu achégolles tamén este recurso para traballar o léxico: http://sli.uvigo.es/DDGM/

  5. Pingback: Actualización de materiais sobre lírica medieval galego-portuguesa | Caderno de Lingua

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s