Proposta para elaborar o Proxecto Lingüístico de Centro

A necesidade de contarmos cunha planificación lingüística de centro rigorosa e baseada en presupostos sociolingüísticos e pedagóxicos innovadores, ademais de útiles e produtivos para o alumnado e a sociedade, descarrilou coa chegada á Xunta de Galicia do goberno de Núñez Feijóo, que derrogou, por intereses electorais e dende presupostos ideolóxicos sectarios, o Decreto 124/2007 sen ser avaliado, a pesar de que se enmarcaba nun Plan Xeral de Normalización consensuado no Parlamento e polos axentes do ámbito educativo.

Como xa abordamos nalgunha ocasión con anterioridade, traemos ao Caderno unha proposta moi interesante para aplicar no marco lexislativo actual, o deostado e mal chamado Decreto para o Plurilingüismo. Esta presentación, de Susana Arís (do IES Illa de Arousa, modélico tamén polo seu compromiso co ensino público) é un moi bo modelo de intervención tanto pola contextualización inicial do PLC como pola guía que nos ofrece para elaborar o documento e as medidas prácticas contidas nel. Destacaría, especialmente, que se trata dunha proposta cunha sólida base teórica, moi traballada e que combina adecuadamente o traballo das competencias e os instrumentos utilizados. Incorpora tamén a avaliación e inclúe un consello na diapositiva nº 66 que, se cadra, ten que verse antes do resto.😉 Aínda que está deseñada para a ESO, é adaptable a outros niveis educativos.

Complétase esta entrada con diversos modelos de enquisas sociolingüísticas elaboradas por Equipos de Normalización Lingüística recentemente (IES Pazó da Mercé das NevesIES de Chapela de Redondela e  IES Pintor Colmeiro de Silleda).

2 respostas a “Proposta para elaborar o Proxecto Lingüístico de Centro

  1. obrigada por partilhar. no centro temos que revisar o plam e preparei isto para ir explicando às compis, sobretodo às de áreas nom linguísticas. agora a ver se damos feito algo, sem tolearmos!

  2. Dende o IES de Porto do Son, tomamos nota. Moi ben planificado. Grazas por compartilo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s