Os fonemas do galego

Hai xa bastante tempo queixabámonos aquí da ausencia para o galego dun recurso tan atractivo e útil como a simulación interactiva Phonetics, the sound of the spoken language, que describe os sistemas fonéticos do inglés, do alemán e do español e, así mesmo, contén unha introdución xeral sobre anatomía articulatoria.

Pois ademais dunha ferramenta como o Dicionario de pronuncia da lingua galega (ILG), contamos tamén cun valioso achegamento á fonética e fonoloxía do galego para as aulas de Secundaria grazas aos profesores Manuel Rosales Graña e Ana Rial, do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis.

Fonética e Fonoloxía do Galego, de Manuel Rosales Graña

Fonética e Fonoloxía do Galego, de Manuel Rosales Graña

Xunto cuns breves apuntamentos sobre estas disciplinas e os trazos pertinentes que diferencian os fonemas, este sitio web inclúe unha descrición dos sistemas vocálico e consonántico, unhas indicacións para identificar as vogais semiabertas e semipechadas e unha breve caracterización da gheada e o seseo. No entanto, a achega máis interesante é a que cobre aquilo que botabamos en falta daquela, unha simulación da anatomía articulatoria dos fonemas do galego, que podemos atopar na sección Comparativa e completar co apartado Exercicios.

Sobre esta materia, podemos acceder a máis apuntamentos en formato descargable aquí e mais aquí, ou en formato dixital no blogue Has de cantar! Este vídeo do programa Ben falado ben pode completar o achegamento ás vogais do galego.

3 respostas a “Os fonemas do galego

  1. Ola. Sabes se existe algún achegamento a prosodia e ao ritmo do galego, sobre todo a nivel das oracións e frases? Poderias compartir, se a tes, información sobor este tema ou indicar un libro onda haca?
    Ten o galego rasgos tonais? Coido que o portugués ten, non sí?
    Saúde,
    Inés

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s