Orballo, poalla, mera, chuvisca, barruzo…

Era cousa un día de recoller todo canto material hai aproveitable para traballar nas aulas o léxico do tempo metereolóxico. E darlle un enfoque ameno e divertido pois hai moitísimos recursos de diversa fasquía para facelo (refraneiro, anuncios, música, textos literarios, cinema, deseños para camisolas e outras prendas e obxectos, etc.). Non faltaría o humor e a retranca da que acostumamos botar man para capear o temporal nas conversas e situacións cotiás (as viñetas de Luís Davila, O Bichero, terían un lugar destacado). Esta entrada publicada no blogue do colexio pode ser un exemplo moi modesto de por onde irían as cousas.

En relación a isto, lembro que hai un tempo armara unha charla (repetida no Centro Galego de Donostia, na Cátedra de Estudos Galegos da UCM e no Galicien Zentrum da Universität de Trier) nestes termos. Xa choveu!

charla_trier

Actualización (01/01/2014): Unha ducia de días de chuvia (por David Lombao, no Praza Pública) ou a chuvia que marca os nosos momentos colectivos.

4 respostas a “Orballo, poalla, mera, chuvisca, barruzo…

  1. O meu gran de area…
    CANTAS PALABRAS TEN O GALEGO PARA A CHUVIA? Condensación de Auga: – Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina… Chuvia Feble: – Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo… Chuvia Forte: – Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina… Con raios e tronos: – Treboada, Torboada, Torbón, Trebón… Con Neve e Xeo: – Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba… E logo, cando remata, está a: – Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar… FONTE: YOROKOBU

  2. Pingback: Caderno de Lingua

  3. Pingback: Xaneiro mollado, se non é bo para o pan, é bo para o gando | Caderno de Lingua

Deixar un comentario