Son moi numerosos xa os recursos e os traballos que os docentes, os equipos de bibliotecas e de normalización lingüística, o alumnado, etc. están realizando ao redor da figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño. Ás veces os camiños entrecrúzanse e o que se fixo nun centro remata en mans doutro/a profesor/a que tira del un chisco máis para lle tirar proveito nas súas aulas.
Iso foi o que fixo Loli Cid (do mesmo modo que con Valentín Paz Andrade no curso pasado) cos traballos audiovisuais elaborados por Luís Aldegunde e o seu alumnado do CPI Os Dices de Rois.
Pingback: Lingua galega | Pearltrees