Titoriais en galego para WordPress e Blogger

Peneirando a rede na procura de recursos e contidos para un curso que comezará en breve a través de Platega, a plataforma de formación a distancia da Consellaría de Educación, atopei dous manuais (ambos como presentacións en Slideshare) para a creación e xestión de blogues nas dúas plataformas de referencia: WordPress e Blogger.

Sobre o primeiro servidor, temos un traballo do usuario Maneiro (moi recomendábeis para o profesorado de Ciencias Sociais os seus diaporamas sobre o relevo e temas de historia), que engade unha descrición de funcionalidades e tipoloxía dos blogues educativos. De Blogger, plataforma de Google que aínda non ofrece a opción de idioma en galego, contamos cun manual de Xacobo de Toro para iniciar (e algo máis tamén) “unha primeira andaina” nestas bitácoras. Deste profesor de Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias da Natureza do CPI Conde de Fenosa, tamén son de grande utilidade as presentacións e documentos (apuntamentos e tarefas) da súa área de coñecemento aloxadas en Slideshare e os artigos divulgativos que publica seu blogue especializado en algas (en castelán e galego).

Nin que dicir ten que a existencia de titoriais en galego para o manexo de software e das mil e unha aplicacións da rede (mesmo de pequenas tarefas que ás veces se converten en obstáculos para moitos usuarios principiantes) tamén ten unha grande importancia para a extensión dos usos lingüísticos no ámbito das novas tecnoloxías. Deixando á marxe a súa implementación e o número e  calidade dos contidos (en xeral e no que respecta á lingua), é lamentábel que tras dous cursos de percorrido de Abalar e Escola 2.0 aínda carezamos dun repositorio amplo e de fácil acceso de materiais de axuda para a web 2.0.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s